REHABILITACIÓN

Aberto o prazo de solicitudes para participar no Programa de Edificios Tutelados

11/08/2006

Todos aqueles interesados en participar no Programa de Edificios Tutelados xa poden presentar as súas solicitudes, trala publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 10 de agosto. Os impresos poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello (Presidente Salvador Allende, 4-baixo), no Rexistro do Consorcio da Cidade de Santiago (Rúa do Vilar, 59) ou por calquera dos medios admitidos na Lei 30/92 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común....

Leer más

INCENDIOS

Máis de 200 persoas seguen a traballar no dispositivo municipal de loita contra o lume

11/08/2006

Un dispositivo de máis de 200 persoas continúa a traballar para atallar o problema dos incendios no Concello de Santiago. Malia que se ten reducido a incidencia do lume, este dispositivo manterase durante a fin de semana e avaliarase a súa prolongación o luns 14, en función das condicións climatolóxicas e da evolución da situación nos montes composteláns.

Leer más

REHABILITACIÓN

Os arquitectos deseñan a recuperación das Hortas como espazo público

11/08/2006

Os participantes na Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación seguen a debater sobre oito proxectos en distintos concellos galegos. Unha desas iniciativas é a que vai recuperar As Hortas como espazo público e na que está a traballar un equipo de cinco persoas. Cando estea listo o proxecto e se leve a cabo, Compostela contará cunha superficie de hortas urbanas para o goce e utilización práctica de tódolos cidadáns.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago e o Seminario Maior asinan un convenio para a posta en marcha dun Obradoiro de enlousados de pedra para canteiros mozos

11/08/2006

O Consorcio de Santiago e o Seminario Maior asinaron un convenio de colaboración para a posta en marcha dun Obradoiro de enlousados de pedra para canteiros mozos, en colaboración coa Fundación Laboral da Construcción de Galicia. Este taller, que contará con nove alumnos e tres capataces con experiencia, terá unha duración dun ano e desenvolverase nas aulas e na horta do mosteiro de San Martiño Pinario.

Leer más
Compartir: