CENTROS SOCIOCULTURAIS

Encontro entre xeracións no barrio de San Pedro

04/11/2006

Vecinos e veciñas de moi diversas idades de San Pedro reuníronse no Centro Sociocultural da Trisca para abrir a primeira das exposicións incluídas no proxecto "A historia vai por barrios". O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, foron os encargados de inaugurar esta mostra, que evoca a memoria colectiva deste emblemático barrio santiagués.

Leer más
Compartir: