UMAD

A UMAD ten nova páxina web

21/11/2006

A Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) ten nova páxina web. Na mesma amósanse todas as claves desta entidade, que presta información e formación sobre o consumo de drogas e as súas consecuencias, que ofrece tratamento para persoas con dependencia e que conciencia sobre o perigo das drogas.

Leer más

EMIGRACIÓN

O maioría dos composteláns residentes en Uruguai consideran a súa situación económica como regular

21/11/2006

O 53% dos santiagueses e santiaguesas residentes en Uruguai considera que a súa situación económica é regular, segundo se desprende do estudo socio-económico realizado pola Fundación Españoles en el Mundo por encargo do Concello de Santiago. O informe, presentado pola concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, contén este e outros datos, que permitirán artellar políticas máis axeitadas para este colectivo, formado por 610 persoas.

Leer más

EIXO ATLÁNTICO

A Asemblea Xeral do Eixo Atlántico centrarase nas infraestruturas

21/11/2006

A comisión executiva do Eixo Atlántico, reunida na cidade portuguesa de Guimaraes baixo a presidencia do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou a data e o lugar no que se celebrará a vindeira Asemblea Xeral. Será nos primeiros días de febreiro na localidade de Vilanova de Gaia.

Leer más
Compartir: