ALCALDÍA
Bugallo explicará en Cusco cómo o patrimonio inmaterial de Santiago contribúe á vitalidade e sostenibilidade do seu patrimonio histórico
O alcalde compostelán, invitado pola Organización de Cidades Patrimonio Mundial, participa na cidade peruana no VIII Coloquio Mundial da OCPM.
OBRAS
Comezan as obras do parque comarcal de bombeiros
O venres 16 colocouse a primeira pedra do edificio que albergará o futuro parque comarcal de bombeiros, financiado pola Xunta, a Deputación e a Mancomunidade de Santiago. No acto interviron a Directora Xeral de Administración Local, Begoña Rodríguez Rumbo, o Presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda e o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Concellería de Promoción Económica imparte cursos para mellorar as habilidades sociais dos desempregados
Os cursos comezan o 19 de setembro e van dirixidos aos participantes do Proxecto Crear. Quince dos setenta e cinco participantes no proxecto xa atoparon traballo grazas a intermediación de titores expertos en inserción laboral.