TURISMO
Turismo de Santiago trae á cidade a 150 turoperadores e xornalistas de Canarias e Baleares
Como parte do convenio asinado en xuño pola empresa municipal de Turismo e o truroperador Travelplan para a promoción da viaxe a Compostela desde as Canarias e Baleares, 150 directores de axencias minoristas e xornalistas das illas veñen á capital galega para coñecer de primeira man as características do destino.
CULTURA
O VI Ciclo de Lied de Santiago comeza no Teatro Principal con Italia como fío conductor
Mañá venres 16 de setembro, ás 21 horas comeza no Teatro Principal de Santiago a sexta edición do Ciclo de Lied Santiago de Compostela que organizan a Concellería de Cultura do Concello de Santiago e a Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza. Os protagonistas deste concerto inaugural (o primeiro dos catro recitais líricos dos que consta o ciclo) serán dous novos cantantes de gran proxección, Malin Christensson e Ronan Collett, e o pianista Roger Vignoles.
DEPORTES
O Concelleiro de Deportes e o Presidente do Lobelle asinaron un convenio para a promoción do fúltbol sala
O Concelleiro de Deportes, Manuel Portas, e o presidente do Club A. Lobelle de Santiago, José Antonio Lobelle, asinaron onte 15 de setembro, un convenio de colaboración para a promoción do deporte do fútbol sala de maior nivel da cidade.
CEMITERIOS
Santiago xa ten tanatorio
O alcalde de Santiago de Compostela inaugurou o xoves 14 de setembro o novo tanatorio co que contará Santiago a partir de agora, situado ao lado do cemiterio de Boisaca.