ALCALDÍA

Os terreos da actual depuradora converteranse nun parque

29/02/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que a parcela que actualmente ocupa a depuradora na Silvouta será convertida nun parque público. Serán 60.000 metros cadrados convertidos nun espazo verde no que se protexerán especialmente as beiras do río.

Leer más

ALCALDÍA

Unha nova exposición analiza as mobilizacións estudantís do 68 en Compostela

29/02/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou, xunto co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e co presidente do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, a exposición "Do Gaudeamus igitur ao Venceremos nós. As mobilizacións estudantís do 68 en Compostela", organizada pola Fundación 10 de Marzo. A mostra estará no Pazo de Fonseca ata o 27 de marzo.

Leer más

CONSORCIO

Nace o Premio Fonseca para incentivar a transmisión do coñecemento científico ao gran público

29/02/2008

A USC e o Consorcio de Santiago, no marco do Programa ConCiencia, veñen de por en marcha o Premio Fonseca de divulgación científica. Este galardón créase coa vontade de incentivar a transmisión do coñecemento científico e o saber ao gran público. O premio constará dun diploma acreditativo, dunha reprodución en bronce de Alonso III de Fonseca deseñada por Ramón Conde e dunha dotación económica de 6.000 euros.

Leer más

CULTURA

Comeza Teatro e Danza en Xira 2008 con "Filomena Marturano"

29/02/2008

A edición de 2008 de Teatro e Danza en Xira comeza domingo 2 de marzo coa representación no Auditorio de Galicia de Filomena Marturano, un melodrama dirixido por Ángel Fernández Montesinos e interpretado por Concha Velasco. As mellores compañías de teatro e danza da Península virán a Compostela da man deste programa, organizado pola Concellaría de Cultura e a Fundación Caixa Galicia.

Leer más

CULTURA

Sonia Méndez estrea no Teatro Principal o seu primeiro filme, "Perversa Lola"

28/02/2008

A directora novel Sonia Méndez (Vigo, 1980), estrea o venres 29 de febreiro Perversa Lola, o seu primeiro traballo como autora cinematográfica. O filme foi presentado en Raxoi pola propia directora e polo concelleiro de Cultura, Néstor Rego, acompañados dos actores protagonistas. A estrea será ás 21:00 horas no Teatro Principal. A entrada é de balde.

Leer más
Compartir: