CONSORCIO
Este mércores, último día para visitar na Casa do Cabido a exposición de fotografías protagonizadas polas mulleres do Mercado de Abastos de Santiago
A Casa do Cabido acolle, dende finais do pasado mes de xaneiro, a exposición Elas, retrato dun mercado, que reúne instantáneas realizadas polo fotógrafo Manuel Blanco ás mulleres do Mercado de Abastos de Santiago. A mostra está impulsada polo Consorcio de Santiago e as concellarías de Acción Cultural e Mercados do Concello de Santiago. O derradeiro día para percorrela será este mércores, 8 de maio. O horario da Casa do Cabido é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, de martes a sábado. Os...
ALCALDÍA
A carballeira de Conxo acolleu un xantar popular no día grande da II edición da Festa do Banquete
A II edición da Festa do Banquete tivo o seu día grande cunha xornada festiva e alegre na carballeira de Conxo que durou dende a mañá ata ben pasada a tarde. Teatro, música, artesanía e moito máis nun domingo de recreación daquel 2 de marzo de 1856.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas melloras no alumeado público en varios puntos de Compostela
A Xunta de Goberno autorizou hoxe a realización de actuacións de modernización e ampliación do alumeado público en diversos puntos de Compostela. A empresa adxudicataria do servizo, Ferrovial, encargarase das melloras, ás que se destinarán algo máis de 20.000 euros.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal ofrece este domingo un concerto especial fusionando música e danza ao vivo
A Banda Municipal de Música súmase á celebración do Día Internacional da Danza (29 de abril) cun concerto especial no que a formación dirixida por Casiano Mouriño estará acompañada por Alfaia Danza e Academia Lodanzas. Será este domingo 5 de maio, ás 12:30 horas, no Teatro Principal.
ALCALDÍA
Moita música e actividades literarias na xornada do sábado da Festa do Banquete
Este sábado 4 de maio continúan as actividades da II edición da Festa do Banquete. O programa da xornada inclúe un roteiro, unha mesa redonda, un concerto e a Festa da Poesía, ao que hai que unir todas as actividades en torno ao Mercado do Libro e da Artesanía.
ALCALDÍA
Nace o ciclo "Primavera Jazz", con 15 concertos na zona vella e no Ensanche do 8 ao 12 de maio
A música jazz volve a Santiago cun festival no que participarán un total de 15 artistas, entre os días 8 e 12 de maio. Trátase do Primavera Jazz, un proxecto impulsado dende o Concello que conta coa colaboración da Asociación Veciñal Raigame, do Ensanche, e da Asociación Cultural Cidade Vella. E é que unha das características deste ciclo é que aposta por programar tanto na améndoa histórica como na zona nova de Compostela.
ALCALDÍA
Concello e USC colaboran nunha mostra que amosa "como ven a cidade os visitantes e como nos vemos nós mesmos"
Xa se pode visitar, no paseo da Ferradura, a exposición A cidade, o Camiño e nós, organizada pola Rede Galabra da Universidade de Santiago e o Concello compostelán. O alcalde, Martiño Noriega; o reitor da USC, Antonio López, e o director da Rede Galabra, Elías Torres, abriron hoxe a mostra "que amosa a evolución que sufriu a cidade nos últimos anos, no xeito en como nos ven os visitantes e no xeito no que a cidadanía de Compostela percibe o turismo".
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Nace "Compostela Móvese pola Economía de Proximidade" cunha liña de produción e distribución de produto de horta
A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, e Xosé Manuel Durán e Emilio Arias, da Asociación Non é o mesmo, presentaron hoxe o programa piloto Compostela Móvese pola Economía de Proximidade, que se inicia cunha liña de formación específica en materia de horticultura biolóxica profesional que anime a persoas con capacidade de produción hortícola a profesionalizar a súa actividade para facer da mesma unha liña de ingresos económicos para o núcleo.../em>
MEDIO AMBIENTE
O Concello distribuirá ecovasos na Festa do Banquete, na primeira acción para "termos uns eventos máis sustentables"
O Concello vén de editar unha Guía de Eventos Sustentables, que será tida en conta nos actos que se celebren en Santiago co obxectivo de reducir a xeración de residuos e de xestionalos dunha maneira máis responsable. A Guía xa se está a aplicar na organización da Festa do Banquete, que se celebrará dende mañá ata o domingo.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Alumnado de Vila Real (Portugal) devolve a visita ao CEIP López Ferreiro no marco do programa de intercambios escolares do Eixo Atlántico
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta hoxe do programa de actividades que realizará o alumnado do López Ferreiro co alumnado de Vila Real (Portugal) no marco dos programas de intercambio do Eixo Atlántico. Os/as 30 escolares portugueses devolverán do 6 ao 8 de maio a visita que o alumnado compostelán de 5º e 6º de Primaria realizou os pasados 20, 21 e 22 de marzo.