TRANSPARENCIA
A Ordenanza de Transparencia, a exposición pública ata o vindeiro 1 de xullo
O Boletín Oficial da Provincia vén de dar conta da aprobación inicial da Ordenanza de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos da administración do Concello de Santiago. Despois desta publicación, ata o próximo 1 de xullo estará aberto o prazo para presentar as reclamacións e suxestións que se consideren oportunas. De non habelas, o texto entenderase aprobado definitivamente.
CONVIVENCIA
A Policía Local colabora coa campaña de control de alcoholemia e drogas da DXT
A Policía Local de Compostela está colaborando coa Dirección Xeral de Tráfico na campaña de control da taxa de alcoholemia e drogas, que se está a desenvolver en todo o Estado ata o día 12. Esta é a primeira das tres campañas programadas para este ano.
ALCALDÍA
O alcalde participou no acto cesión do fondo da Sociedade Económica de Amigos do País ao Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou no acto de sinatura do acorda polo que a Real Sociedade Económica de Amigos do País deposita o seu fondo histórico no Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Concellaría de Educación e Cidadanía comunica ás familias as prazas adxudicadas no Programa de Conciliación de Verán
Finalizado o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación Verán 2016, o Departamento de Educación e Cidadanía, comunica que todas as solicitudes presentadas en prazo (ata o 31 de maio) e que cómpren os requisitos de participación establecidos nas bases do programa, foron admitidas nas modalidades escollidas, agás aqueles participantes que pediron a modalidade de madrugadores no CEIP Raíña Fabiola no que non se vai prestar dito servizo por non chegar ao mínimo de solicitudes requirido de acordo coas...
EMPREGO
O FIE oferta máis de 1.000 prazas en actividades formativas para atopar emprego
Queda só unha semana para o comezo do Foro de Innovación para o Emprego (FIE 2016) que se celebrará os próximos 15 e 16 de xuño no Palacio de Congresos. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, explicou esta mañá que "a día de hoxe, se recibiron 112 ofertas de emprego, correspondentes a 144 postos de traballo, por parte de 67 empresas".
DEPORTE
O circuíto de Salgueiriños acolle a 10ª edición de XiraKarting, coas probas da Rockies Cup para nenos e nenas de 4 a 7 anos
O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou esta mañá acompañado de Raquel González, directora de RGM Eventos, e Antonio Cortés, director de Marketing de Gadisa, a décima edición de XiraKarting, actividade pioneira do karting móvil para que todos os públicos poidan desfrutar da experiencia de pilotar un auténtico kart de carreiras.
ALCALDÍA
O alcalde recibe os representantes da Plataforma Vítimas do Tren Alvia 04155
O alcalde recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a un grupo de representantes da Plataforma Vítimas do Tren Alvia 04155. O colectivo quixo agradecerlle a Martiño Noriega o feito de que o de Santiago fora o primeiro Concello en aceptar a moción que insta ao Goberno do Estado a abrir unha comisión de investigación sobre o accidente ferroviario de Angrois.
CONSORCIO
Novo CD con concertos de guitarra acompañados pola Real Filharmonía
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) gravou hai un ano no Auditorio de Galicia tres obras para un traballo conxunto co guitarrista Miguel Trápaga e o director de orquestra Óliver Díaz, que acaba de ver a luz en formato de CD. O repertorio inclúe o popular Concierto de Aranjuez de Joaquín Rodrigo (1901-1999), o Concierto de Benicássim do compositor cubano Leo Brouwer (1939) e a obra Guitare do suízo Frank Martin (1890-1974). A edición presentouse o pasado 25 de maio na sede madrileña da Sociedad.../em>
LINGUA
O Concello de Santiago colabora coa campaña "A lingua, arte da túa terra"
O Concello de Santiago, a través do Departamento de Lingua, colabora coa EASD Mestre Mateo nunha novidosa campaña de promoción do galego que bota man da moda e das últimas tendencias. Trátase da iniciativa "A lingua, arte da túa terra. Boinas en Compostela", que puxo en marcha Galteo, o equipo de dinamización lingüística da Escola, en colaboración co IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces.
MEDIO AMBIENTE
O Consello Municipal de Medio Ambiente reúnese hoxe no Auditorio de Galicia despois de seis anos de inactividade
A Sala Circular do Auditorio de Galicia acolle esta tarde a primeira sesión do Consello Municipal de Medio Ambiente, que leva sen reunirse dende o 19 de xaneiro de 2010, data da última sesión ordinaria.