FACENDA

Pleno cos alumnos do IES Xelmírez I

11/12/2014

O concelleiro de Facenda, Ramón Quiroga, presidiu un pleno sobre temas económicos no que participaron alumnos e alumnas do IES Xelmírez I. Acompañaron ao edil a directora da Área de Facenda, Carmen Gómez, e o interventor municipal, Vicente Calvo.

Leer más

TURISMO

A caza, o marisco e os escumosos galegos, protagonistas da primeira xornada de Compostela Gastronómica Nadal

11/12/2014

Arrancou a edición especial de Nadal de Compostela Gastronómica, unha iniciativa do Concello de Santiago que se desenvolverá na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos ata o sábado 13 de decembro. Na súa xornada inaugural, Compostela Gastronómica celebrou tres dos doce obradoiros que compoñen o programa dirixido a público adulto, tanto profesionais coma afeccionados, e cuxo eixo temático é a gastronomía do Nadal.

Leer más

COMERCIO

Oito establecementos de San Pedro serán nomeados embaixadores do barrio polas súas boas prácticas comerciais

10/12/2014

O Concello de Santiago pon en marcha o programa Embaixadores do Barrio de San Pedro, co que se busca resaltar as virtudes, beneficios e atractivos do barrio de San Pedro, un lugar para vivir, traballar, emprender, mercar e divertirse a través do seu comercio e hostalería, para así amosar o seu atractivo á veciñanza de San Pedro, de Compostela, e aos seus turistas e visitantes. Esta iniciativa, incluída no programa Urbana Santiago Norte e financiada pola Unión Europea a través dos FEDER, busca igualmente dar o merecido...

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Conxelados José Bermúdez, Promove Consultoría e Asociación Puntogal, distinguidos nos XV Premios Manuel Beiras

10/12/2014

A concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, e o vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, Evaristo Rodríguez Carracedo, deron a coñecer en rolda de prensa os gañadores da XV edición dos Premios Manuel Beiras, que se entregarán este xoves 11 de decembro, ás 20:30 horas, no Museo das Peregrinacións e de Santiago. Conxelados José Bermúdez, Promove Consultoría e Formación e a Asociación Puntogal serán os galardoados nesta ocasión.

Leer más

ALCALDÍA

Concello e Xunta reactivan a oferta de vivenda pública en Santiago coa construción de 36 vivendas en Lamas de Abade

10/12/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a construción de 36 novas vivendas de promoción pública en Lamas de Abade, activando así de novo a promoción de vivenda protexida na cidade. O proxecto urbanístico permitirá mobilizar un investimento de preto de 8 millóns de euros. Así o indicou tras unha xuntanza mantida coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, na que tamén participaron a concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, e o...

Leer más

COMERCIO

Decembro de mercados na praza 8 de Marzo

10/12/2014

A praza 8 de Marzo do barrio de San Pedro acolle este mes de Nadal a celebración de catro mercados, organizados polo Concello de Santiago como elemento dinamizador para animar as rúas e as compras no propio barrio. Os mercados celebraranse os sábados 13, 20 e 27, así como o martes día 30, en horario de 11:00 a 15:00 horas, e incluirán a realización de actividades dirixidas aos máis pequenos.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Últimas citas do ano 2014 de "Imos ao baile"

10/12/2014

Os Departamentos de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá preparan xa as últimas citas do programa Imos ao baile 2014, previstas para os sábados 13 e 20 de decembro.

Leer más
Compartir: