FESTAS

Nneka anima os asistentes ao concerto desta noite na Quintana a "vivir o momento"

18/07/2016

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou o concerto que a cantante nixeriana Nneka ofrecerá este luns no marco das festas do Apóstolo, acompañada pola propia artista, quen animou a composteláns e visitantes a acudir á praza da Quintana "sen expectativas" e dispostos a "vivir o momento" nunha actuación que promete sorpresas. O concerto comezará ás 22:00 horas, con entrada de balde.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio presenta unha ferramenta web de apoio na xestión dos barrios para acadar unha maior eficiencia enerxética

18/07/2016

O Consorcio de Santiago participa no proxecto europeo FASUDIR, centrado en xerar unha ferramenta web que facilite a toma de decisións de cara a lograr a eficiencia enerxética dos edificios e barrios das cidades de Europa. Esta iniciativa púxose en marcha en 2013 e concluirá a finais deste ano. Está integrado por 11 socios de cinco países: España, Italia, Gran Bretaña, Hungría e Alemaña.

Leer más

FESTAS

As festas do Apóstolo seguen en movemento este martes co programa Artellando

18/07/2016

Mañá martes será unha xornada intensa nas festas do Apóstolo, grazas ao programa Artellando. Para as doce do mediodía están previstas dúas actividades: na praza do Cruceiro Vello de Conxo actuará Pistacatro Produtora de Soños, e no Centro Sociocultural de Marrozos estará Fátima Villamel, cos seus contos signados. Xa pola tarde, ás sete no Centro Sociocultural do Castiñeiriño, repetirá Pistacatro.

Leer más

ALCALDÍA

Listaxe de persoas gañadoras do convite para os Fogos do Apóstolo 2016

16/07/2016

As persoas gañadoras do convite para asistir ao concerto da Real Filharmonía de Galicia no Hostal dos Reis Católicos e para presenciar os Fogos do Apóstolo dende a zona habilitada ao efecto o 24 de xullo poderán recoller as súas invitacións no departamento de Protocolo do Concello ata o día 21 en horario de 9 a 14 horas, presentando o seu D.N.I.

Por razóns de seguridade é imprescincible que comuniquen tamén, ao recoller o seu convite, o nome e D.N.I. da persoa acompañante.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello de Santiago prevé restaurar o itinerario fluvial do Sarela ao abeiro do Programa Provincial de Medio Ambiente

15/07/2016

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a participación do Concello de Santiago no Plan Provincial de Medio Ambiente 2016. O Goberno local presentará un proxecto de restauración e mellora do itinerario fluvial "De ponte a ponte polo río Sarela". A actuación ten un orzamento de 87.397,40 euros, dos que 61.620,74 procederían da Deputación da Coruña e 25.776,66 do Consorcio de Santiago.

Leer más
Compartir: