EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Expostas as listaxes de reserva, traslados e vacantes das escolas infantís municipais

14/03/2016

Rematado o período de presentación de solicitude e revisadas as reservas de praza, dende hoxe luns, 14 de marzo, está a exposición pública nos taboleiros de anuncios do Concello de Santiago, nos das escolas infantís municipais e nesta web municipal a lista de reservas, traslados e o número de prazas vacantes por unidades nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2016-2017.

Leer más

CONSORCIO

Os alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen un novo concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago

14/03/2016

No marco do programa A Escola na Cidade, que promove a Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), este martes, 15 de marzo, ofrécese un novo concerto protagonizado polos alumnos do curso de posgrao do centro. Terá lugar ás 20:30 horas no Paraninfo da Universidade de Santiago, na Facultade de Xeografía e Historia. A entrada é gratuíta ata completar aforo. A duración estimada desta actuación é dunha hora e media.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello de Santiago asina un convenio coa Xunta e "La Caixa" para a atención á infancia en situación de vulnerabilidade

14/03/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela; o director corporativo da Área Social da Fundación "La Caixa", Marc Simón; e o director da Área de Negocio de CaixaBank en Santiago, Antonio Lema, asinaron esta tarde un convenio de colaboración para abordar a pobreza infantil na cidade.

Leer más

CONVIVENCIA

A Policía Local realizará controis do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil do 14 ao 20 de marzo

12/03/2016

Do 14 ao 20 de marzo, a Policía Local de Santiago realizará controis sobre o uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil (SRI). Sumarase así a unha nova campaña da Dirección Xeral de Tráfico sobre dous elementos cuxo uso é obrigatorio e que contribúen a reducir sensiblemente a sinistralidade nos accidentes de tráfico.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno municipal ordena o peche cautelar de dous locais de ocio nocturno por incumprir as normas de seguridade

11/03/2016

A Xunta de Goberno acordou hoxe incoar cadanseu expediente administrativo sancionador e ordenar o peche cautelar durante a súa tramitación de dous locais de ocio nocturno: as discotecas Metrópolis e a Apolo. Estes dous establecementos foran obxecto dunha inspección policial o pasado 19 de febreiro, que deixou patentes graves problemas de seguridade. A discoteca Metrópolis duplicaba o seu aforo, cun límite de 170 persoas, e a discoteca Apolo triplicaba o máximo autorizado de 300 persoas. Ademais, detectáronse outras deficiencias como...

Leer más

ALCALDÍA

Parabéns da Corporación ao compostelán Nico Casal, autor da banda sonora da curta "Stutterer", gañadora dun Oscar

11/03/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o músico compostelán Nico Casal, autor da banda sonora da curtametraxe Stutterer, gañadora dun Oscar na última edición. No encontro tamén participaron os voceiros de Compostela Aberta, Marta Lois, e do Partido Popular, Agustín Hernández, ademais dos concelleiros socialistas Gonzalo Muíños e Milagros Castro.

Leer más
Compartir: