PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Plan de Excelencia Comarcal promoverá un comercio competitivo e de calidade

13/11/2006

O presidente da Comisión de Promoción Económica, Emprego e Turismo da Deputación de A Coruña, Pablo Villamar, e o concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Mercados, Xosé Manuel Iglesias asinaron un convenio de colaboración para financiar a execución do Plan de Excelencia Comercial. O orzamento do proxecto ascende a 289.022 euros, 146.238 aportados polo Concello e o resto pola Deputación. Ao marxe dos servizos e accións incluídos no Plan, a Concellaría destina case 100.000 euros máis...

Leer más

ALCALDÍA

Toma de posesión dos novos bombeiros

13/11/2006

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a toma de posesión dun novo grupo de bombeiros. Despois do seu período de prácticas, incorpóranse ao seu posto no Servizo Municipal de Bombeiros.

Leer más

EDUCACIÓN

Os alumnos do CEIP López Ferreiro disfrutan das reformas do centro

13/11/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, realizaron unha visita ao Colexio López Ferreiro, despois da reforma integral do centro. En total actuouse sobre 4.142 metros cadrados de superficie, cun custo de 1.588.474, 45.

Leer más

EDUCACIÓN E MOCIDADE

Seguen as actividades do programa "Xuventude, moito que dicir"

11/11/2006

No marco do programa "Xuventude, moito que dicir", presente en Compostela a través dunha exposición na Alameda ata o 27 de novembro, continúan a desenvolverse distintas actividades complementarias. O seu obxectivo é fomentar a participación dos cidadáns de Santiago, en especial de nenos e xóvenes en concertos, exhibicións, talleres, xornadas literarias, espectáculos de danza, contacontos, feira de asociacionismo, xincana de valores. A entrada é libre e gratuita para todas as actividades.

Leer más

VIVENDA

46 familias habitarán as vivendas de promoción autonómica de Fontiñas a partir da semana que vén

11/11/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, salientou na visita ás vivendas situadas na parcela 6 do polígono 6-7 de Fontiñas, a súa satisfacción polo feito de que o inmoble está listo para ser ocupado en breves datas por 46 familias e pola calidade da construción. Trátase dun edificio cun deseño moderno e xuvenil, que vai ser habitado, na súa maior parte, por xente nova.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde recibiu ao matemático Michael F. Atiyah

10/11/2006

A Casa do Concello recibiu unha ilustre visita, a de Sir Michael F. Atiyah, probablemente o matemático vivo máis importante do mundo. O alcalde Sánchez Bugallo recibiuno e convidouno a asinar no Libro de Ouro do Concello.

Leer más

CULTURA

A estatua de Montero Ríos mira á Catedral

10/11/2006

"A visita de Eugenio" é o título da proposta do artista portugués André Guede para o proxecto "A cidade interpretada". A mesma consiste no traslado temporal da estatua de Montero Ríos dende a Praza de Mazarelos á do Obradoiro, o mesmo punto onde estivera colocada oitenta anos antes.

Leer más

URBANISMO

Compostela contará coa maior área empresarial de Galicia

10/11/2006

Os plans de sectorización dos solos industriais 37.3 (Costa Vella) e 38 (Formarís) irán a un pleno extraordinario o xoves 16, segundo anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Tralo seu paso pola Comisión de Urbanismo, darase así o visto bo definitivo a dous proxectos que permitirán ofrecer aos empresarios composteláns uns 400.000 metros cadrados máis de solo industrial no ámbito do Polígono do Tambre. Unha actuación máis para conseguir a maior parque empresarial de Galicia.

Leer más
Compartir: