EDUCACIÓN
Últimos días para enviar obras ao XIV Premio Internacional "Compostela" de Albums Ilustrados
O prazo para presentar orixinais ao Premio Internacional "Compostela" de Álbums Ilustrados, organizado polo Departamento de Educación do concello de Santiago de Compostela e por Kalandraka, remata o vindeiro venres, 14 de maio.
MOBILIDADE
Aprobado o encargo a TUSSA da xestión e explotación da nova estación de autobuses de Santiago
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, acordou encagar á Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago SA (TUSSA), a xestión da explotación da estación de autobuses de Santiago de Compostela integrada na estación intermodal, situada na rúa Clara Campoamor, así como das superficies e instalacións comprendidas dentro do recinto, incluída a pasarela peonil.
XUNTA DE GOBERNO
Luz verde ás bases reguladoras de venda de artesanía e venda ambulante de tempada
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou as bases reguladoras para o outorgamento das autorizacións correspondentes ao exercicio da actividade de venda de artesanía en postos desmontables na vía pública, e de venda ambulante de tempada; e iniciar o procedemento para a expedición das citadas autorizacións. Estas bases establecen as ubicacións na vía pública, o números de postos así como as datas e horarios de venda.
EDUCACIÓN
O concelleiro de Educación inaugura o Certame de Teatro Intercentros
O concelleiro de Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, inaugurou hoxe o Certame de Teatro Intercentros, destinado a alumando de secundaria, e que se celebra ata mañá no Teatro Principal. Prol puxo en valor o teatro como "recurso educativo", e agradeceu o labor alumnado participante e do profesorado para "crear interese polo teatro na mocidade, e incindir na súa formación artística, lingüística, social, de autonomia e iniciativa persoal e dixital", plasmada no que cualificou...
ACCION CULTURAL
A Xunta de Goberno Local aproba as bases das axudas de apoio a actividades culturais, ás que se destinan 555.000 euros
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou as "Bases da convocatoria de axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional 2021", que teñen como obxectivo o fomento das actividades organizadas polas persoas e entidades adicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas do concello de Santiago de Compostela durante o ano pasado. O orzamento destinado a estas subvencións é de 554.992,90 euros.
DEPORTES
O 15 de maio ábrese o acceso de público ás instalacións deportivas municipais
O acceso de público ás instalación deportivas do Concello permitirase a partir da vindeira fin de semana, 15 e 16 de maio, sempre que as entidades organizadoras o soliciten, así o indicou a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, que tamén fixo un repaso ás últimas actuación de departamento, que supuxeron un investimento de preto de 550.000 euros, e un avance do previsto para o que resta de ano, por un global de 880.000 euros.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Sagunto (Valencia), vítima da violencia machista.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a mellora do vial da rúa do Bidueiro, en Vidán, e a apertura do procedemento de adxudicacion do servizo de mantemento do Parque de Brandía
A Xunta de Goberno Local reunida hoxe, aprobou, entre outros asuntos, o proxecto de estabilización de noiro e acondicionamento e mellora do vial na rúa do Bidueiro, en Vidán; e a apertura do procedemento de adxudicación do servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e de arboredo do Parque de Brandía, reservado a centros especiais de emprego. Dos asuntos tratados, deu conta o alcalde de Santiago. Xosé Sánchez Bugallo aproveitou a comparecencia para agradecer á cidadanía de Compostela, o comportamento...
EDUCACIÓN
O Teatro Principal acolle o 11 e 12 de maio a representación de catro obras enmarcadas no Certame de Teatro Intercentros, dirixido a alumando de secundaria
O Departamento municipal de Educación e as Equipas de Normalización Lingüística dos centros escolares de Santiago e comarca presentan un ano máis o Certame de Teatro Intercentros, destinado a alumando de ESO e Bacharelato de Santiago de Compostela e comarca, que este ano acada a súa edición número 25. Celebrarase mañá, 11 de maio, e o mércores día 12. Nas representacións, no Teatro Principal, participarán tres grupos de teatro de tres centros de secundaria e un grupo de danza.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
As solicitudes das axudas ao sector da hostelería, restauración e turismo poden solicitarse dende mañá martes 11 de maio
As axudas aos sectores da hospedaxe, restauración e turismo, incluídas no PRESS (Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago), poden solicitarse dende as 9.00 h de mañá, martes 11 de maio, e ata o vindeiro 25 de maio, logo da publicación das bases no BOP de hoxe.