ACCIÓN CULTURAL
Talía Teatro presenta ‘Ubú Rei’ no Teatro Principal
A compañía de teatro levará o 23, 24 e 25 de marzo ao Teatro Principal de Compostela a súa última montaxe, ‘Ubú Rei’ con Toño Casais, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo, Marta Lado, Dani Trillo e Rubén Prieto, que levan a escena un dos textos máis representativos do teatro contemporáneo. A montaxe, adaptada e dirixida por Roberto Salgueiro, achega ao espectador unha visión crítica do noso presente a pesar da súa inxenuidade.
MEDIO AMBIENTE
Xan Duro visita a carpa instalada na Praza Roxa con motivo do Día da Auga
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitou este mediodía a carpa instalada por Viaqua na Praza Roxa, con motivo do Día Mundial da Auga que se conmemora este 22 de marzo.
CIDADES PATRIMONIO
Comeza o IV ciclo de Música de Cámara nas Cidades Patrimonio
A Raíña Dona Sofía presidirá o venres 24 de marzo ás 19,00 horas na Concatedral de Santa María de Cáceres o concerto inaugural do IV Ciclo "Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade". Este programa é unha iniciativa froito do convenio de colaboración entre a Fundación Albéniz / Escola Superior de Música Raíña Sofía e o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, que permite ofrecer de forma gratuíta ao público unha...
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
Activado o dispositivo especial de xeadas por mor da baixada de temperaturas
No operativo especial participan a Policía Local, os Bombeiros, Protección Civil e Urbaser.
ALCALDÍA
A veciñanza do rural norte, convidada a un "Encontro AO VIVO" co goberno o próximo sábado
O alcalde e os concelleiros e concelleiras do goberno participarán nesta xuntanza para render contas e recoller novas demandas e suxestións. O segundo Encontro AO VIVO está dirixido á veciñanza das parroquias de Bando, Sabugueira, Carballal, Enfesta, Cesar, Barciela, Marantes, Nemenzo, Busto, Verdía, A Gracia, A Peregrina, Grixoa, San Xoán de Fecha e Santa Cristina de Fecha
CONSORCIO
O 21 de abril remata o prazo para solicitar as axudas para a mellora dos locais comerciais da cidade histórica
Terán preferencia as obras destinadas a mellorar a accesibilidade e tamén se primará a apertura de novos locais actualmente sen uso. O programa conta cun orzamento de 150.000 euros.
TURISMO
A segunda edición de "Santiago Paixón Doce" incrementa a participación de establecementos
O programa "Santiago Paixón Doce" naceu o ano pasado da man de Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela para promocionar a tradición dos doces típicos da Semana Santa compostelá.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música acolle unha charla sobre o uso do folclore musical a cargo da doutora Beatriz Busto
O Salón de Actos da Escola Municipal de Música acolleu na tarde-noite de onte unha charla debate titulada La Galicia proyectada por NO-DO. La arquitectura del estereotipo cultural a partir del uso del folclore musical (1943-1981), do mesmo nome que a tese de doutoramento da etnomusicóloga galega Beatriz Busto, que dirixiu o antropólogo Dr. Juan Carlos Gimeno.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
O Concello celebra o Día Mundial da Poesía cunha homenaxe a Miguel Hernández
O CGAC acolleu esta mañá un acto co alumnado de primaria e secundaria de varios centros de Compostela co gallo do Día Mundial da Poesía. Estivo organizado polas concellerías de Acción Cultural e Educación e serviu de homenaxe a Miguel Hernández.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Recepción ao alumnado do Colexio San Lucas de Toledo dentro do programa "Aula de Patrimonio"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado doutros membros da corporación, recibiu esta mañá no Salón Nobre do Pazo de Raxoi a un grupo de alumnos e alumnas do Colexio San Lucas y María de Toledo, participantes no programa "Aula de Patrimonio".