INCENDIOS

A cidade une as súas forzas contra o lume

10/08/2006

O primeiro tenente de alcalde de Compostela, Néstor Rego, fixo unha valoración sobre o que cualificou como "a situación máis grave que ten vivido Santiago en relación aos incendios forestais". Rego asegurou que houbo unha magnífica reacción por parte do Concello desde o primeiro momento "poñendo todos os medios dispoñibles ao servizo do control e extinción dos lumes e despregando así un dispositivo que puido evitar que as consecuencias foran aínda máis dramáticas"

Leer más

REHABILITACIÓN

As Marías xa locen as súas novas galas

08/08/2006

Un dos símbolos de Compostela, a estatua das Marías na Alameda, xa loce o seu novo aspecto, tralo pintado realizado polo autor, César Lombera. Corelia e Maruxa Fandiño visten agora con cores vermellas, negras e brancas no seu novo traxe, a semellanza daqueles que usaban no seu tempo e que quedaron recollidos nalgunha fotografía. Ademais, unha placa explicará en breve a súa historia.

Leer más

FACENDA

Expostos ao público o padrón do IBI

08/08/2006

Dende o martes 8 de agosto están exposto ao público os padróns dos do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e do Imposto de Actividades Económicas (IAE) correspondentes ao período 2006. As listas poden consultarse na Oficina de Atención ao Contribuínte, ubicada na Rúa Presidente Salvador Allende nº 4-baixo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

Leer más

INCENDIOS

O alcalde en funcións, Francisco Candela, chama á tranquilidade ante os incendios

08/08/2006

Os responsables municipais e da Policía Local, Protección Civil, Bombeiros, Cruz Vermella mantiveron unha xuntanza esta mañá para abordar a situación que vive Santiago por mor dos incendios. Todos coinciden en sinalar que os operativos postos en marcha están funcionando con eficacia e segundo os protocolos previstos nestes casos. Estas reunións de coordinación terán carácter diario e manteranse ata que a situación se normalice nos montes de Santiago e comarca.

Leer más

ALCALDÍA

Os máis pequenos toman o relevo en Raxoi

07/08/2006

Os rapaces e rapazas do Centro Xuvenil Don Bosco tomaron o relevo aos membros da Corporación e realizaron un particular Pleno municipal en Raxoi. A actividade estaba incluída no campamento urbano que este complexo realiza do 31 de xullo ao 11 de agosto.

Leer más

CULTURA

O circo trasládase ás rúas de Compostela

07/08/2006

Rematado o Festiclown, continúa o espectáculo nas rúas e prazas de Compostela, convertidas na segunda metade do mes de agosto nun escenario de circo. Chega a terceira edición do Festival d’Gorra, con máis de 100 representacións a cargo de 26 compañías, 21 das cales son galegas.

Leer más
Compartir: