ALCALDÍA
O Concello de Santiago e a Asociación de Escritores en Lingua Galega reafirman a súa vontade de colaboración
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELGA), Cesáreo Sánchez, e coa súa secretaria xeral, Mercedes Queixas.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A liña de axudas para novos proxectos empresariais recibe máis de cen solicitudes
O Departamento de Promoción Económica do Concello recibiu 113 solicitudes para a liña de axudas destinada a novos proxectos empresariais, que conta cunha partida de 100.000 euros. Esta liña de axudas enmárcase dentro do obxectivo da Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo de dinamizar o tecido empresarial de Santiago. Esta medida diríxese aos emprendedores, que dende o goberno municipal se considera un colectivo fundamental para o desenvolvemento do tecido económico da cidade.
ACCIÓN CULTURAL
A soprano Kate Royal debuta en Galicia dentro do XVI Ciclo de Lied, da man do pianista Roger Vignoles
Tras a inauguración coa mezzosoprano Ruxandra Donose, o Ciclo de Lied, que este ano celebra a súa XVI edición, ofrece este xoves o debut en Galicia da soprano británica Kate Royal. Será a partir das 20:30 horas no Teatro Principal e Royal estará acompañada ao piano por Roger Vignoles, codirector artístico do ciclo.
TURISMO
Santiago logra en agosto o seu récord histórico de pernoctacións
Os establecementos hoteleiros de Santiago rexistraron 192.900 pernoctacións no pasado mes de agosto, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística. Trátase do mellor dato rexistrado pola serie histórica do INE nun só mes na cidade. Supón un crecemento do 8,94% respecto do mes de agosto do ano pasado. Pero supón ademais un aumento de máis de 10.000 pernoctacións respecto do anterior récord na cidade, fixado no mes de agosto do Ano Santo 2010, cando se rexistraron 182.492 pernoctacións.
ALCALDÍA
Martiño Noriega felicita a Policía Local polo seu traballo durante a tractorada
O alcalde de Santiago visitou esta mañá as dependencias da Policía Local para felicitar os axentes polo labor que desenvolveron durante a tractorada. E é que as mobilizacións do sector lácteo que tiveron lugar en Compostela entre o 7 e o 11 de setembro obrigaron aos traballadores do corpo a dobraren turnos para garantir a seguridade.
ALCALDÍA
O alcalde visitou as instalacións de Finsa
O alcalde de Santiago visitou esta mañá a fábrica de Finsa en Formarís, nun percorrido no que estivo acompañado polos responsables da empresa e polos representantes dos traballadores. Martiño Noriega explicou que Finsa é un referente en Compostela, con máis de 800 empregados e unhas instalacións que ocupan 130.000 metros cadrados.
POLÍTICAS SOCIAIS
Trece entidades sociais participan na Mesa de Traballo para coordinar o acollemento en Santiago a persoas refuxiadas
A concelleira de Servizos Sociais mantivo unha xuntanza esta mañá con ata trece entidades sociais que traballan con persoas refuxiadas. Nesa Mesa de Traballo plantexáronse distintas propostas sobre como coordinar a chegada de persoas refuxiadas e os recursos cos que conta, tanto o Concello de Santiago, como as entidades sociais.
MEDIO AMBIENTE
Santiago, Ames e Teo dialogan con AEOPAS sobre sobre o Pacto Social pola Auga
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, recibiu esta tarde no Pazo de Raxoi a Luis Babiano, xerente da Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento (AEOPAS). Na reunión tamén participaron a tenente de alcalde e concelleira de Economía e Facenda, María Rozas; o alcalde de Teo, Rafael Sisto; o alcalde de Ames, José M. Miñones; e as concelleiras de Economía e Facenda e de Medio Ambiente e Desenvolvemento deste último municipio, Gema Otero e Catuxa García. O alcalde de...
DEPORTE
Recepción en Raxoi a selección absoluta de fútbol sala de Vietnam
A concelleira de Deportes, Noa Morales, recibiu a selección absoluta de fútbol sala de Vietnam, á que deu a benvida a Santiago de Compostela.
MEDIO RURAL
O Concello investirá 150.000 euros na 1ª fase do plan de eliminación de fochancas
O concelleiro de Medio Rural presentou esta mañá a primeira fase do Plan para a eliminación das fochancas no termo municipal de Santiago, na que se van investir 150.000 euros. Rafael Peña explicou que o Concello ten detectados 2.400 fochos na rede viaria, case o 80% na zona rural.