ALCALDÍA

As cidades Premio de Europa realizan a ofrenda ao Apóstolo Santiago

02/07/2005

Na súa invocación ao Apóstolo, o presidente da delegación española, Lluis María de Puig, nos actos do 50 aniversario da creación do Premio de Europa, subliñou que os valores que dan sentido ao Consello de Europa son "a loita pola paz, a xustiza, o progreso social, a tolerancia e a solidariedade, sen os cales non hai sociedade democrática nin desenvolvemento humano".

Leer más

ALCALDÍA

As cidades Premio de Europa ratifican a súa confianza na construción solidaria de Europa

01/07/2005

As cidades Premio de Europa expresaron a súa confianza na superación da actual crise europea, na que as cidades deben contribuír a recuperar o entusiasmo da cidadanía, segundo expresou a Alcaldesa de Tübingen e Presidenta da Asociación de Cidades Premio Europa, Brigitte Russ-Scherer, no transcurso dos actos de celebración do 50 aniversario da creación destes galardóns polo Consello de Europa.

Leer más

PREMIO DE EUROPA

Representantes das cidades Premio de Europa e membros do Consello asinan no Libro de Ouro da cidade

01/07/2005

Os actos de celebración do 50 aniversario da creación deste premio e do 20 aniversario da concesión desta distinción a Compostela continuaron durante a tarde do venres 1 de xullo. Tras unha visita guiada pola cidade, os alcaldes e representantes das cidades premiadas, membros do Consello de Europa, ex-presidentes e parlamentarios dirixíronse ao Concello, onde estaba prevista unha visita institucional e unha cea fría.

Leer más
Compartir: