URBANISMO

Visto bo ás obras de urbanización do Sunp-4 das Cancelas

17/11/2006

Solucionados os últimos flecos pendentes, a Xunta de Compensación do Sunp-4 (Camiño Francés-As Cancelas) reunirase o 29 de novembro para dar a conformidade ao proxecto definitivo de urbanización deste solo, segundo anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Deste xeito, as obras poderán comezar en xaneiro, aínda que xa no mes de decembro se emprenderá algunha actuación.

Leer más

TURISMO

Compostela presentou en Roma a Rede de Cidades Santas

17/11/2006

O Palazzo Ferrajoli da capital italiana acolleu o pasado 15 de novembro o evento no que Santiago de Compostela, Roma e Xerusalén deron a coñecer o proxecto "Holy Cities", que reúne os seus esforzos pola conservación do patrimonio, a mellora da vida dos seus habitantes e a promoción do turismo relixioso e cultural.

Leer más

CONSORCIO

"Intramuros" sobrepasa a cifra dos 100.000 visitantes

17/11/2006

A exposición "Intramuros" fora visitada ata o venres 17 de novembro por 100.250 persoas, o que supón un gran éxito de asistencia. Por esta razón, o alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sanchez Bugallo, anunciou que se amplía o prazo de apertura da mostra ata o 28 de febreiro de 2007.

Leer más

CASCO HISTÓRICO

O Concello de Santiago exporá en Arxentina e Uruguai o seu modelo de rehabilitación e xestión do Casco Histórico

17/11/2006

A concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, viaxará a Santa Fé (Arxentina) e Colonia (Uruguai) para tomar parte nun encontro con diversas cidades de América Latina, no marco da iniciativa PAGUS-AL "Programa de Asistencia e Xestión Urbana Sostible- América Latina", un proxecto pertencente ao programa URB-AL financiado pola Comisión Europea. O obxectivo deste programa de cooperación internacional é intercambiar boas prácticas cos socios latinoamericanos no eido da...

Leer más

BENESTAR SOCIAL

O Concello de Santiago e a USC colaborarán na realizacións dos programas de voluntariado social e "Ruptura de parella, non de familia"

16/11/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, asinaron dous convenios de colaboración polos que ambas institucións se comprometen a colaborar na realización de dous programas: o de voluntariado social, e que leva por nome "Ruptura de parella, non de familia".

Leer más

EDUCACIÓN

Os ensinantes de música tradicional debaten como transmitir este patrimonio ás novas xeracións

16/11/2006

O Auditorio de Galicia acolle o I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega os días 18 e 19 de novembro. Organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos(AGG), este encontro é reunir aos docentes da música e baile tradicional para que debatan sobre a liña a seguir para que o este patrimonio sexa posto en valor e transmitido eficazmente ás novas xeracións.

Leer más
Compartir: