REHABILITACIÓN

Asinado o acordo co Ministerio de Vivenda para a Área de Rehabilitación Integral de Vista Alegre

23/04/2007

A sede da Delegación do Goberno acolleu a sinatura dos acordos para a Área de Rehabilitación Integral no polígono de Vista Alegre e para a Área de Rehabilitación do Casco Histórico. No acto estiveron presentes o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; a ministra de Vivenda, María Antonia Trujillo; o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño; e a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas.

Leer más

DEPORTES E INFRAESTRUTURAS

Un campo de fútbol para o barrio de San Lázaro

23/04/2007

O barrio de San Lázaro contará cunha nova área deportiva, grazas á aprobación do proxecto e da contratación das obras de urbanización para a mesma na súa primeira fase. Investiranse 1.302.587 euros para acondicionar unha área na que se construirán un campo de fútbol, gradas, vestiarios, un aparcadoiro de 69 prazas e unha pequena dársena de autobuses.

Leer más

FUNDACIÓN GRANELL

Nova programación didáctica na Fundación Granell

23/04/2007

A Fundación Granell presentou en rolda de prensa as actividades a desenvolver e n 2007 no seu Departamento de Didáctica no Museo, dirixido polo artista e comisario Eduardo Valiña. No calendario de actividades hai distintos obradoiros, tanto para fomentar a creatividade na infancia e na adolescencia como en persoas adultas.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Servizo de perruquería e estética para persoas dependentes atende 631 solicitudes

23/04/2007

O Servizo de perruquería e estética para persoas dependentes da Concellaría de Promoción Económica e Emprego realizou dende que comezou a súa andadura, en decembro do 2006, 631 servizos a 404 usuarias/os. A maioría dos demandantes, 384, son mulleres, e os 20 restantes homes. O servizo, gratuíto, é atendido por catro especialistas que accederon ao mercado laboral a través dos Programas de Cooperación asinados entre a Concellaría e a Consellería de Traballo.

Leer más

EDUCACIÓN

As obras de construción da Ludoteca seguen o ritmo previsto

23/04/2007

A concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos, e o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, visitaron esta as obras da Ludoteca que se está construindo no barrio das Fontiñas. As obras marchan a bo ritmo polo que en xullo, tal e como estaba previsto, estarán rematadas.

Leer más

EMUVISSA

Aprobada a proposta de expropiación do SUNP-14 de mutuo acordo

23/04/2007

Na sesión ordinaria do Consello de Administración de Emuvissa (Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago) deuse o visto bo á proposta de aprobación de bases de mutuo acordo de expropiación no ámbito do plan de sectorización do SUNP-14 Tras Paxonal, así como o mutuo acordo de expropiación con Construcións Ruafer e Pirsa Norte neste ámbito.

Leer más

ALCALDÍA

Os nenos tomaron o Pleno por un día

20/04/2007

Un grupo de alumnos de primaria dos colexios de Vite, Sar e La Salle foron protagonistas dunha nova edición da Xornada de portas abertas no Concello compostelán. Nuns animados e didácticos plenos infantís, tiveron a ocasión de sentirse concelleiros por un día e de manifestarlle ao anfitrión, Xosé A. Sánchez Bugallo, as súas reivindicacións.

Leer más

URBANISMO

Compostela medrará cara o norte con máis de 10.000 vivendas

20/04/2007

A zona norte de Compostela será o principal foco de expansión da cidade nos vindeiros anos, grazas a un novo proxecto urbano que permitirá a construción de máis de 10.000 vivendas. O alcalde anunciou a aprobación desta proposta detallada de ordenación da zona norte, que será aprobada na Xunta de Goberno do luns 22 de abril.

Leer más
Compartir: