ALCALDÍA

A bandeira xitana ondeou no Concello

20/04/2012

A Asociación de Mulleres de Etnia Xitana foi recibida en Raxoi nun acto presidido polo alcalde compostelán, Ángel Currás. Integrantes desta entidade fixeron entrega ao Concello da bandeira da etnia xitana e dunha cesta de vimbio.

Leer más

EDUCACIÓN

XVI Certame de Teatro Intercentros

20/04/2012

A Concellería de Educación organiza en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago de Compostela o XVI Certame de Teatro Intercentros.

Leer más

CULTURA

Celébrase do 2 ao 11 de maio unha nova edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes

20/04/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, presentou a IX edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto. Fíxoo acompañado do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e do director de Curtocircuíto, Tim Redford. Esta edición celebrarase na cidade entre o 2 e o 11 de maio e, ademais das proxeccións dos cinco concursos diferentes, contará con actividades paralelas como obradoiros, mesas redondas, clases maxistrais, temáticas específicas,...

Leer más

CULTURA

Maika Makovski presenta en Compostela o seu novo disco, "Thank you for the boots"

19/04/2012

A mallorquina Maika Makovski presenta o venres 20 en Santiago de Compostela o seu último disco, recen saído, Thank you for the boots. Faino no Teatro Principal a partir das 21:00 horas e dentro do ciclo Íntimo&Acústico, organizado pola Concellería de Cultura. Makovski estará acompañada por Gentle Music Men, quen fai o seu concerto presentación en Galicia e no que presenta tamén o seu último traballo, Soño infinito.

Leer más

TURISMO

O Camiño de Santiago, a Vía Francíxena e a Ruta de San Olaf promocionaranse conxuntamente en Europa

19/04/2012

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou o proxecto Certo, concedido pola Unión Europea co obxecto de promocionar de forma conxunta tres dos Itinerarios Culturais Europeos: o Camiño de Santiago, a Vía Francíxena e a Ruta de San Olaf. A concelleira estivo acompañada pola xerente de Turismo de Santiago, Maruxa Ledo. O proxecto comeza formalmente o 27 de abril cunha acción de promoción en Parma.

Leer más
Compartir: