ALCALDÍA
O alcalde apela á prudencia, aínda que, sinala, "estamos nunha secuencia favorable" de disminución de contaxios por covid-19
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, informou hoxe, na tradicional rolda de prensa dos venres, que "estamos nunha secuencia favorable", de disminución de contaxios por covid-19. Hoxe hai 573 casos contabilizados, 31 menos que onte, e 51 menos que o mércores pasado.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo visita a exposición "Lado, unha saga de ourives composteláns", que permanecerá na Casa do Cabido ata outono
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitaron hoxe a exposición "Lado, unha saga de ourives composteláns". Está dedicada ao ourive Julio Lado Martínez como derradeiro e máximo expoñente dunha saga familiar dedicada á ourivaría con forte enraizamento en Compostela desde o século XIX. El mesmo os acompañou e lles foi explicando todo o proceso creativo e de orfebrería das pezas expostas.
ACCIÓN CULTURAL
A danza de Pisando Ovos e o circo flamenco de Chicharrón volven a próxima semana á escena compostelá co Festival C
O Festival C abre a súa segunda semana coa celebración do 15 aniversario da compañía galega de danza Pisando Ovos. O vindeiro luns, día 9 de agosto, a súa directora e tamén intérprete, Rut Balvís proponnos, a modo de festexo, un encontro con artistas emerxentes da danza de Galicia que bailarán ao son da música en directo de Jas Processor. En Replay Especial, Balbís estará acompañana da danza de Alba Fernández Cotelo, Julia Laport e Sabela Domínguez, integrantes de Elahood e Erixe,...
EDUCACION
Rubén Prol sinala que as obras de conservación e mantemento previstas nos centros educativos do Concello para este verán, avanzan segundo o previsto
O concelleiro de Educación, Rubén Prol, deu conta do estado avance e estado de execución das actuacións que se están realizando en coordinación co departamento de Obras, no marco do "Plan de verán do Departamento de Educación". Explicou que os traballos avanzan segundo o ritmo previsto e que, se non hai imprevistos, estarán rematados para principio deste curso 2021/2022.
DEPORTES
Recepción a unha representación do Club Hockey Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe a unha representación do "Club Hockey Compostela", integrada por membros dos equipos que compiten nas distintas categorías, e encabezada pola súa presidenta Mari Carmen Pazos Seoane. Na recepción tamén estaban presentes a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e a edil do BNG, Navia Rivas de Castro.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a licitación da rehabilitación do firme da Vía Edison e a cancelación da convocatoria dos premios Exeria de creación literaria
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou o expediente denominado "Rehabilitación do firme na vía de Édison e a apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto simplificado, establecéndose un tipo de licitación de 120.000 euros. O financiamento desta actuación forma parte do programa de Axudas encamiñadas á habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibe a Tiago Barbosa, candidato á alcaldía da Cámara Municipal do Porto
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe a Tiago Barbosa Ribeiro, o candidato do PS, o Partido Socialista portugués, a alcaldía da Cámara Municipal do Porto. No encontro tamén estiveron presentes Luis Alves, director da "Agência Nacional ERASMUS+ JA", e Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico.
MEDIO RURAL
O alcalde e o concelleiro de Medio Rural visitan as obras de reparación e consolidación da Ponte de Vidán
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel visitaron hoxe as obras de "Reparación e consolidación da Ponte de Vidán" que se están desenvolvendo na aldea da Amañecida. Esta actuación, que conta cun orzamento de adxudicación de 376.649,68 euros e un prazo de execución de cinco meses; enmárcanse dentro do plan POS+ que desenvolve a Concello en coordinación coa Deputación Provincial da Coruña.
ACCIÓN CULTURAL
O universo gráfico dos Ruxe Ruxe centra a nova exposición da Zona C
A nova Zona C-Punto de Información Cultural acolle dende hoxe é até a fin do mes de setembro a mostra Ruxe Ruxe (1996-2021): 25 anos de universo gráfico, unha ollada aos deseños que vestiron e acompañaron a andaina musical da banda máis lonxeva de Compostela. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, o director xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, e os integrantes de RUXE RUXE, Vituco Neira, Xan Rico e Xulia Neira, participaron no acto de apertura desta mostra no edificio da praza de Cervantes que...
POLITICAS SOCIAIS
O Concello de Santiago e Cruz Vermella asinan dous convenios para o desenvolvemento do SEMUS, e dos programas de teleasistencia e atención a persoas sen fogar
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e o presidente de Cruz Vermella Santiago, José Luís Barreiro Conde, asinaron hoxe dous convenios de colaboración para o desenvolvemento, durante o ano 2021, do SEMUS, o Servizo Municipal de Urxencias Sociais, e dos programas de teleasistencia e atención a persoas sen fogar; por un importe total de 185.000 euros.