CONSORCIO
As cabaleirizas da Casa do Deán e o Patio da Parra permanecerán abertos ao público no mes de agosto
Dende o 28 de xullo e durante todo o mes de agosto, o Patio da Parra, as cabaleirizas monumentais e as dependencias anexas da Casa do Deán de Santiago de Compostela, estarán abertas ao público de forma gratuíta. O horario será de 12:00 a 14:00 horas pola mañá e de 17:00 a 22:00 horas, pola tarde, durante todos os días da semana.
FESTAS
Saras Baras trae á Quintana o seu espectáculo de flamenco "Juana V Centenario, Juana la Loca"
A xornada do martes 28 das Festas do Apóstolo trae a Santiago o espectáculo de baile flamenco da bailaora Sara Baras, dende as 23:00 horas na Praza da Quintana.
ALCALDÍA
O alcalde propón a concesión da medalla de ouro da cidade a Xerardo Fernández Albor
Na orde do día do pleno que a Corporación Municipal celebrará o xoves 30 de xullo, recóllese a proposta do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, pola que se concederá a medalla de ouro da cidade AO doutor Xerardo Fernández Albor, primeiro presidente da Xunta de Galicia.
FESTAS
Duascentas cincuenta persoas ataviadas co traxe galego polas rúas da cidade
Celebrouse a XXXI edición do Día do Traxe Galego, na que participaron máis de 250 persoas de todas as idades. A xornada comezou coa concentración na Alameda ás 11:30 horas para saír máis tarde o desfile dende o seu paseo central. Percorreu Porta Faxeira, Toural, Rúa do Vilar, Praterías e baixará ata o Obradoiro.
FESTAS
Diego el Cigala presenta en Santiago o seu último disco
Na xornada do luns 27, as Festas do Apóstolo continuan co gran concerto de Diego el Cigala, a partir das 23:00 horas na Praza da Quintana. Alí presentará o seu último traballo, editado en 2008, Dos lágrimas.
CONSORCIO
Santiago Crespo gaña o I Concurso "Canteiros no Obradoiro"
O canteiro Santiago Crespo, traballador da empresa compostelá Neorsa, foi o gañador do I Concurso Canteiros no Obradoiro, que se desenvolveu na praza do Obradoiro. Ademais, ante a calidade dos traballos realizados, o xurado decidiu outorgar un segundo premio, dotado con 600 euros, e un terceiro con 400 euros, que foron parar, respectivamente, a José Calviño, procedente de Rodeiro (Pontevedra), e a Jorge Martínez Rivas, de Brión (A Coruña). Así mesmo, decidiuse outorgar os tres accesit a Ricardo Blanco, de Santiago de Compostela;...
OFRENDA DO APÓSTOLO
O presidente da Xunta pide ao Apóstolo que Compostela sexa o símbolo do comezo dun tempo novo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, realizou, como Delegado Rexio, a Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago. Na súa intervención, que reivindicou a idea europeísta e os valores do fenómeno xacobeo, o oferente pediu a súa intercesión para un próspero futuro de Galicia e, de modo máis inmediato, para o éxito do Xacobeo 2010. E neste camiño cara o futuro, referiuse a Compostela como o símbolo do "comezo dun tempo novo".
FESTAS
A Alameda acolleu unha viaxe á Compostela de principios do século XX
No día do Apóstolo a Concellaría de Festas de Santiago preparou un programa con actividades moi variadas. Pola mañá as autoridades oficiais asistiron á Ofrenda Nacional do Apóstolo na Catedral. A continuación, comezou toda a animación dos pasarrúas: os cabezudos e os gaiteiros.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Última semana para solicitar axudas para a creación e consolidación de novas empresas en Santiago
O 31 de xullo remata o prazo para presentarse ás convocatorias de Axudas para a creación de novas empresas e Concurso de novas ideas empresariais, do programa de fomento do emprendemento Compostela Activa 2009, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Enmarcado no Servizo de Apoio á Empresa, ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago.
FESTAS
Uns 200 figurantes desfilarán pola Ferradura para conmemorar o centenario da Exposición Rexional de 1909
A xornada grande das Festas do Apóstolo, o 25 de xullo, comezará coa tradicional Ofrenda ao Apóstolo Santiago na Catedral. Será ás dez da mañá. Xa pola tarde, celebrarase o desfile que conmemorará o centenario da Exposición Rexional de 1909.