ALCALDÍA
Recepción no Pazo de Raxoi aos Reis, á princesa de Asturias e á infanta Sofía, despois da Ofrenda ao Apóstolo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu a recepción a El Rei de España, Felipe VI; e o resto da familia real: a Raiña Letizia e as Infantas Leonor, Princesa de Asturias; e Sofía; que despois da Ofrenda ao Apóstolo se achegaron ata o Pazo de Raxoi. Xa en Alcaldía, todos eles asinaron no libro de Honra da Cidade de Santiago.
REAL PADROADO
O Real Padroado da Cidade de Santiago acorda unha proposta estratéxica ata o ano 2032 con actuacións en materia patrimonial, cultural, ambiental e novas infraestruturas
Busca un modelo transformador para a cidade, mediante a reordenación dos espazos perimetrais e as zonas verdes, mellorando a loxística urbana de mercadorías e fusionando cultura e patrimonio.
FESTAS
Un espectáculo de luz, maxia e cor inundou o ceo de Compostela
A cidadanía de Compostela puido gozar, esta noite, cos fogos do Apóstolo, botados sincronizadamente desde cinco puntos da cidade, co obxectivo de evitar aglomeracións e facilitar o visionado dun espectáculo de luz e cor no que se utilizaron máis de 4.500 quilos de explosivo.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "grazas á Ofrenda e ao Real Padroado, Santiago será a capital política de España o domingo 25 de xullo"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, salientou a importancia de que este vindeiro 25 de xullo, Día de Galicia, estean en Santiago "o xefe do Estado e a familia real, o presidente do Goberno, a vicepresidenta económica, a vicepresidenta de asuntos sociais e diferentes ministros".
TURISMO
Publicación das listaxes provisionais relativas ás axudas para o rescate da restauración e hospedaxe
Hoxe, día 23 de xullo de 2021, publícase a resolución do concelleiro de Turismo relativa á publicación das listaxes provisionais de persoas propostas para a aprobación definitiva da axuda, persoas ás que se lle require subsanar documentación e se lles abre período de requirimento e persoas propostas para o reintegro/devolución da axuda percibida ás que se lle require que acheguen a documentación ou presenten alegacións relativa á fase de xustificación da convocatoria extraordinaria de...
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago dirixirá a redacción do Plan Director da Alameda e do Plan Especial de Conxo
Esta tarde reuniuse a súa Comisión Executiva e Consello de Administración para avanzar na reunión do Real Padroado deste domingo.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Ábrese o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións para programas e actividades realizadas polas asociacións veciñais
Hoxe ábrese o prazo de presentación de solicitudes á "Convocatoria de subvencións a asociacións veciñais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2021"; despois da súa publicación, onte, no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Estas axudas contan cun orzamento de 100.000 euros.
TURISMO
TIME escolle a Santiago entre os 100 mellores lugares do mundo para visitar no 2021
Santiago de Compostela é un dos destinos turísticos incluídos na The World´s Greatest Places of 2021, unha selección dos 100 lugares máis destacados de todo o mundo para visitar e explorar neste ano elaborada por TIME, unha das publicacións máis lidas e prestixiosas do mundo.
FESTAS
Santiago encherase de luz e cor cos Fogos do Apóstolo do día 31 e os do día 24, que se lanzarán desde cinco localizacións distintas
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou hoxe o espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo do 24 e do 31 de xullo; xunto a Juan Manuel Humanes, director de espectáculos de RICASA, empresa adxudicataria do contrato. Por segundo ano consecutivo os fogos do 24 dispararanse, de xeito sincronizado, desde cinco localizacións, o que, explicou Muíños, evitará aglomeracións e facilitará o visionado do mesmo desde prácticamente todos os puntos de Santiago. Con elo facilitarase o cumprimento das...
IGUALDADE
Santiago de Compostela, cidade segura e libre de violencias sexuais
Durante as Festas do Apóstolo estará dispoñible o Punto Lila no Parque da Alameda e no Parque de Galeras. Os concelleiros de Igualdade, Mercedes Rosón; de Festas, Gonzalo Muíños; e de Turismo, Sindo Guinarte, achegáronse ata o espazo situado na Alameda.