FESTAS
Continúan as festas con chave, góspel e hip hop
Seguen as festas do Apóstolo cun xoves de actividades culturais, musicais e deportivas entre as que destacan as continuacións dos ciclos TerraZeando e Compostela é! Música.
MEDIO AMBIENTE
O CIAC programa en agosto un obradoiro de elaboración dun forno solar e un roteiro
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) tamén ten actividade durante o mes de agosto, para o que programou un obradoiro de elaboración dun forno solar e un roteiro interpretativo polo parque de Belvís.
FESTAS
A banda neoiorquina Nada Surf actuará o venres en Compostela en substitución de Macy Gray
O Concello de Santiago lamenta comunicar a cancelación do concerto da cantante americana Macy Gray, programado para o venres 28 de xullo ás 22:30 horas dentro da programación das festas do Apóstolo.
FESTAS
O concerto de Dorian e a Jam Martiño Pinario, os pratos fortes deste mércores das festas do Apóstolo
O mércores 26 de xullo celebramos en Compostela o tradicional día de Padrón en Santiago, que marca o inicio das actividades deste novo día de festas. Así, a praza do Obradoiro acolle a partir das 13:00 horas o concerto das bandas municipais de música de Padrón e de Santiago de Compostela.
ALCALDÍA
O alcalde participa na manifestación convocada pola Plataforma de Vítimas do Tren Alvia
O alcalde, Martiño Noriega, participou hoxe na manifestación convocada pola Plataforma de Vítimas do Tren Alvia, cando se cumpren catro anos do accidente que causou a morte de 81 persoas. A concentración contaba co respaldo do Concello de Santiago, en virtude da moción aprobada no pasado Pleno da Corporación.
FESTAS
O concerto de bandas galegas e o inicio do ciclo Compostela é! Música protagonizan o 25 de xullo
Chega ao 25 de xullo, Día de Galicia, cunha programación de festas marcada pola tradición e polos grupos galegos nunha xornada cuxos actos comezarán ás dez da mañá e non rematarán ata entrada a madrugada.
FESTAS
Os Fogos do Apóstolo repasaron a historia festeira de Compostela
Noite grande en Compostela coa celebración dos Fogos do Apóstolo, preludio do día grande das festas. A praza do Obradoiro e diversos puntos da cidade enchéronse un ano máis para presenciar o espectáculo audiovisual e pirotécnico que este ano realizou Acciona Producciones y Deseño, acompañado na parte pirotécnica por Ricardo Caballer.
CONSORCIO
O Consorcio destina 150.000 euros en axudas para obras na envolvente exterior dos edificios da cidade histórica
Como vén sendo tradición cada 24 de xullo, coincidindo coa noite dos fogos do Apóstolo e o concerto institucional previo protagonizado pola Real Filharmonía de Galicia, o Consorcio de Santiago celebrou este luns súa Comisión Executiva e Consello de Administración. Ambas xuntanzas estiveron presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega.
FESTAS
Os Fogos do Apóstolo e o concerto de The Gift darán a benvida ao día grande das festas do Apóstolo
Este luns é o día dos tradicionais Fogos do Apóstolo, nunha xornada que combina tradición e modernidade para darlle a benvida á xornada grande destas festas.
EMPREGO
Santiago recibe 1,5 millóns de euros de fondos europeos para o seu Plan de Emprego Xuvenil
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, anunciou este venres que o Concello de Santiago vén de recibir unha subvención europea por importe de 1,5 millóns de euros que permitirá levar a cabo o Plan Xuvenil de Integración Profesional "Mocidade con Emprego", cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e a Garantía Xuvenil.