CONSORCIO
O Consorcio de Santiago acondicionará a contorna da Colexiata de Sar
O Consorcio de Santiago iniciará nos vindeiros días, tras as festas do barrio, unha intervención lixeira de mellora da contorna da Colexiata de Sar, uns traballos que consisten no acondicionamento do muro e o pavimento do adro da igrexa.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O 7º Encontro Emprendedor centrarase nas alternativas comunitarias de vivenda na vellez
O ciclo de Encontros Emprendedores continúan no verán, desta volta cunha sesión sobre "As alternativas arredor da vivenda para un xubilar activo, participativo e autoxestionado" que terá lugar o vindeiro martes 22 de agosto, entre as 11 e as 13 horas no Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). A inscrición é gratuita e aberta a todas as persoas interesadas.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
O Concello e a USC renovan o convenio para o programa de atención bucodental a persoas en risco de exclusión social
Fomentar a adquisición de hábitos preventivos de hixiene oral, identificar e tratar as principais patoloxías para preservar e restaurar as pezas dentais, así como rehabilitar as ausencias dentarias son parte dos obxectivos do acordo.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago celebrará un acto institucional en lembranza de Ánxel Casal
O Pazo de Raxoi acollerá o vindeiro venres, 18 de agosto ás 12:00 horas, un acto institucional en lembranza do alcalde republicano Ánxel Casal, en recoñecemento á súa memoria e á de todas as persoas que foron represaliadas canda el por loitar pola liberdade e a democracia.
ALCALDÍA
Os concellos de Santiago e Teo estudarán ampliar ata Cacheiras a liña de autobús urbano Compostela-Os Tilos
As alcaldesas de Santiago, Goretti Sanmartín, e de Teo, Lucía Calvo, acompañadas pola concelleira e concelleiro de Mobilidade dos respectivos concellos, Teresa Castro e Xan Duro, mantiveron esta semana unha xuntanza para explorar vías conxuntas de colaboración en materia de transporte.
ALCALDÍA
Xuntanza do goberno coa asociación Hostalaria.gal
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada pola concelleira de Promoción Económica e Comercio, María Rozas, e pola concelleira de Promoción da Cidade e Turismo, Míriam Louzao, mantivo unha xuntanza cos representantes da asociación Hostalaria.gal Lois Lópes, Sergio Fernández e Julio Nogueruela.
URBANISMO
O Concello paraliza as obras que provocaron a caída do muro medianeiro nun edificio da rúa do Coto
O Concello de Santiago decretou a paralización das obras que se estaban a realizar no número 11 da rúa do Coto e que provocaron, sobre as 6:30 desta mañá, o desprendemento do muro medianeiro do edificio do lado.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas en Pozoblanco (Córdoba) e en Tenerife o pasado 8 de agosto. Onte tamén se gardou outro minuto de silencio pola muller asasinada o día 7 en Almería.
CONSORCIO
A Real Filharmonía fai un chamamento a coros galegos para actuar nun concerto participativo o 21 de decembro
As formacións interesadas poderán inscribirse entre o 6 e o 15 de setembro.
MOBILIDADE
O Concello reiniciará a licitación do transporte público atendendo aos informes técnicos municipais
O Concello terá que reiniciar o procedemento de licitación do servizo do transporte público, porque así o recomendan os informes técnicos solicitados nas últimas semanas. Anunciárono hoxe a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, que recoñeceron que "esta non era a decisión que nos gustaría adoptar porque suporá demorar o contrato, pero o Goberno fíxase xa o obxectivo de aproveitar a oportunidade para introducir algunhas melloras nos pregos, dentro da marxe que nos...