ALCALDÍA
Martiño Noriega intervirá en Madrid no Encontro de Cidades pola Auga Pública
O alcalde de Santiago participará mañá en Madrid no Encontro de Cidades pola Auga Pública, que organizan conxuntamente o Concello de Madrid e a Rede Auga Pública, RAP, integrada por ducias de plataformas e organizacións sociais, ambientais, sindicais e políticas de todo o Estado.
TURISMO
Santiago participa nun encontro internacional de cidades sobre a xestión do turismo urbano
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participa este xoves 3 e venres 4 de novembro no I Encontro de cidades sobre "Gobernanza do Turismo Urbano: Aluguer vacacional". Mañá formará, a partir das 11:15 horas, formará parte dunha mesa redonda, con cidades como Barcelona ou Amsterdam, na que se reflexionará sobre o impacto do turismo no territorio.
FACENDA E ESPAZOS CIDADÁNS
María Rozas e Jorge Duarte asisten ao Pleno da Rede de Iniciativas Urbanas
A concelleira de Facenda, María Rozas, e o edil de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, asisten hoxe e mañá en Madrid ao VI Pleno da Rede de Iniciativas Urbanas. Trátase do foro no que os Ministerios de Facenda e Administracións Públicas e Fomento deben aclarar os pasos a seguir por parte dos Concellos seleccionados para recibiren fondos europeos no marco da convocatoria EDUSI. Santiago percibirá dez millóns de euros.
ESPAZOS CIDADÁNS
Mañá abre ao tráfico o último tramo de Xeneral Pardiñas
O último tramo da rúa Xeneral Pardiñas (entre República do Salvador e Senra) abrirá este venres ao longo da mañá ao tráfico rodado, unha vez rematadas as obras na intersección de Xeneral Pardiñas e Montero Ríos.
FACENDA E MOCIDADE
O domingo remata o prazo para votar os orzamentos participativos de Mocidade
Este domingo, 6 de novembro, péchase o prazo para votar os orzamentos participativos Compostela Decide de Mocidade. Tras a exitosa experiencia do ano pasado, o Goberno de Santiago, dentro dos orzamentos participativos para este ano, pon a disposición 100.000 euros para as actividades que máis apoios reciban. Como no caso das propostas de investimentos, para que o voto sexa válido, hai que priorizar 10 ideas de actividades na web de Compostela Decide.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Trinta escolares viaxarán a Segovia grazas ao programa "Aula de Patrimonio"
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou unha nova edición do programa Aula de Patrimonio, que se leva celebrando varios anos no concello compostelán xunto co resto de cidades Patrimonio da Humanidade. O programa está dirixido a grupos de escolares de 5º e 6º de Primaria.
IGUALDADE
Uns 400 establecementos xa se adheriron á campaña "Compostela en Negro"
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, ofreceu hoxe todos os detalles sobre a campaña Compostela en Negro, que se desenvolverá no noso concello entre os días 18 e 28 de novembro.
LINGUA
Convocada a XVII edición do Premio Manuel Beiras
O alcalde presentou hoxe unha nova edición, a XVII, do Premio Manuel Beiras de recoñecemento ao uso do galego no sector empresarial. Foi nunha rolda de prensa na que Martiño Noriega estivo acompañado por Evaristo Rodríguez Carracedo, o vicepresidente da Cámara de Comercio, entidade que colabora na convocatoria xunto co Concello.
CONSORCIO
O Consorcio remata as obras de renovación do escenario do Teatro Principal
O Consorcio de Santiago acaba de rematar as obras de renovación do escenario do Teatro Principal. A intervención centrouse fundamentalmente na realización de tarefas de acondicionamento e renovación do sistema escénico, xunto coa substitución dos importantes canlóns situados sobre os muros medianeiros do edificio. O orzamento global desta actuación ascendeu aos 101.371,15 euros.
ALCALDÍA
A mesa de diálogo co sector da hostalería avanza cara un marco interpretativo da lei máis estable
O alcalde, Martiño Noriega, presidiu hoxe a segunda reunión da mesa de diálogo co sector da hostalería, convocada a petición dos representantes dos hostaleiros. Na xuntanza analizouse unha proposta do Goberno sobre os criterios de actuación en materia de establecementos de espectáculos públicos e actividades de lecer. Da mesa de diálogo tamén forman parte os concelleiros de Espazos Cidadáns e Convivencia, Jorge Duarte e Xan Duro; así como representantes de PP, PSOE e BNG, e membros das asociacións...