ACCIÓN CULTURAL
Atalaya teatro presenta "Marat-Sade", de Peter Weiss, dentro do ciclo Teatro & Danza
Coincidindo co cincuentenario da estrea da obra en español, Atalaya Teatro está xirando con Marat-Sade, de Peter Weiss, con dirección e dramaturxia de Ricardo Iniesta, por Cataluña, Andalucía e Galicia. Chegarán a Compostela o vindeiro sábado, 19 de novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia. As entradas teñen un prezo de 12 euros (cos descontos do 50% para os colectivos habituais) e poden mercarse xa no despacho de billetes do Teatro Principal, no 902 434 443 ou en
ACCIÓN CULTURAL
Os directores Alberto Morais e Albert Serra presentaron en Cineuropa os seus últimos filmes
Este luns pasou polo festival Cineuropa o director Alberto Morais para presentar o seu último filme, La madre no Salón Teatro. Á mesma hora, no Teatro Principal, Albert Serra, Premio Cineuropa en 2012, conversou co público sobre a súa película La mort de Louis XIV.
ACCIÓN CULTURAL
Cineuropa premia a versatilidade interpretativa de Lola Dueñas
Este domingo foi outro día grande para Cineuropa, coa entrega do seu premio á actriz Lola Dueñas. Ademais, Adolfo Dufour visitou o festival.
TURISMO
Tres clases maxistrais centran o programa da última xornada de "Compostela Ilustrada"
Despois de dúas intensas xornadas, este domingo remata o I Encontro de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada no que, baixo a dirección de Miguelanxo Prado, participan nove ilustradores de sona mundial. Tres clases maxistrais, unha presentación e outro encontro para debuxar cos nenos e nenas integran o programa da xornada final.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno resolve a concesión de axudas á dinamización comercial
A Xunta de Goberno resolveu hoxe a convocatoria de axudas para actividades de promoción e dinamización comercial, da Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. Serán catro as entidades que reciban esas achegas: Santiago Centro (22.385 euros), Compostela Monumental (22.523,48 euros), Em-Rede (2.653,58 euros), e a Federación de Libreiros de Galicia (1.987,9 euros).
TURISMO
Os participantes en "Compostela Ilustrada" debuxan os seus recunchos preferidos da cidade
Este venres comezaron a desenvolverse as actividades programadas no I Encontro de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, no que participan nove ilustradores/as de sona mundial.
ESPAZOS CIDADÁNS
Aprobado o proxecto modificado das obras da rúa de Montero Ríos
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto modificado das obras de humanización da rúa de Montero Ríos, derivado de varios imprevistos que foron xurdindo durante a execución dos traballos. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade explicou os detalles do modificado, que suporá unha ampliación de 16 semanas no prazo para a execución do proxecto.
FACENDA
A proposta do Goberno local para os orzamentos de 2017 inclúe tres millóns de euros de investimentos vinculados á EDUSI
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deu conta en rolda de prensa da segunda xuntanza mantida cos grupos da oposición no marco do proceso de negociación dos orzamentos do 2017.
IGUALDADE
Xa son 450 as entidades e establecementos adheridos a "En negro contra a violencia"
Queda tan só unha semana para que bote a andar a segunda edición da campaña Compostela en Negro, que este ano e co gallo da adhesión de 15 concellos ademais de Compostela, muda de nome e pasa a charmarse En negro contra a violencia.
ACCIÓN CULTURAL
Último pase de "Frantz", de François Ozon, e outras propostas para un sábado de cine
Este sábado, Cineuropa recupera o mellor cine proxectado durante os primeiros días do festival nunha xornada non exenta de novidades. Últimos pases de Frantz, de François Ozon; Lady Macbeth, de William Oldroyd; e Las furias, de Miguel del Arco.