XUNTA DE GOBERNO

A praia fluvial de Chaián contará cun socorrista este verán por primeira vez

08/07/2016

A área recreativa de Chaián vai contar este verán, por vez primeira, cun socorrista. O Concello tramitará a súa contratación grazas a unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a contratación de traballadores desempregados. A achega será de 3.200 euros e o socorrista prestará os seus servizos por un prazo de dous meses.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL E TURISMO

O Concello agrupa toda a información cultural e turística da cidade na nova publicación "Compostelánea"

08/07/2016

As concelleiras de Acción Cultural e de Turismo, Branca Novoneyra e Marta Lois, presentaron no Pazo de Raxoi Compostelánea, nova publicación que informará da ampla oferta cultural e de ocio da cidade. Compostelánea nace co obxectivo de que a veciñanza de Santiago e as persoas que visitan a cidade poidan coñecer toda a actividade que se desenvolve en Compostela durante cada mes, tanto a promovida dende o propio Concello como dende calquera outra entidade.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde reivindica un maior respaldo ás empresas innovadoras no ámbito europeo

07/07/2016

O alcalde compostelán participou esta mañá na inauguración da xornada "Promover as empresas innovadoras e de rápido crecemento", organizada polo Comité Económico e Social Europeo, en colaboración con RedEmprendia. Martiño Noriega aproveitou a súa intervención para reivindicar "maiores facilidades para os emprendedores xurdidos fundamentalmente en torno aos centros de investigación universitarios, porque as súas empresas poden xogar un papel fundamental no crecemento económico do...

Leer más

DEPORTE

Asinado o convenio entre o Concello e a Federación Galega de Fútbol que permitirá mellorar o estadio de San Lázaro

06/07/2016

O alcalde, Martiño Noriega, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, asinaron esta mañá no Pazo de Raxoi o convenio de colaboración para mellorar a presenza desa entidade en Compostela. Para iso, a Federación ocupará o Local C do Estadio de San Lázaro, un espazo de 1.500 metros cadrados no que tivera as súas dependencias a Secretaría Xeral de Deporte da Xunta. Farao grazas a unha concesión demanial por parte do Concello, por un prazo de 50 anos.

Leer más

CONSORCIO

Os concertos da vindeira temporada da Real Filharmonía comezarán ás 20:30 horas por desexo maioritario dos aboados

06/07/2016

O Consorcio de Santiago, organismo responsable da Real Filharmonía de Galicia, en colaboración co Auditorio de Galicia, sede da orquestra, realizou un estudo para valorar a posibilidade de cambiar os horarios de inicio dos concertos de abono da RFG. Co fin de coñecer as preferencias da maioría, enviouse unha enquisa aos 502 aboados cos que conta a orquestra esta temporada. Da mesma concluíuse que a maioría desexa que os concertos comecen ás 20:30 horas.

Leer más
Compartir: