MOBILIDADE

Celebrada o segunda reunión plenaria do Pacto pola Mobilidade

02/02/2016

Este martes celebrouse no Auditorio de Galicia o segundo plenario dentro dos traballos previos á elaboración do Plan de Mobilidade. Esta segunda reunión centrouse no transporte público e tivo como relator principal a Carlos González Lozano, director xeral do Consorcio de Transporte de Asturias. Ademais das súas aportacións, recolléronse as de todos os participantes na xuntanza, para despois incorporalas ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible.

Leer más

ESPAZOS CIDADÁNS

As liñas de transporte público mantéñense por riba dos sete millóns de usuarios en 2015

01/02/2016

As liñas de transporte público xestionadas por Tussa sumaron o ano pasado 7.124.117 usuarios, un 0,52% menos que no ano anterior. É un dos datos máis salientables do balance presentado este luns polo concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte. O edil explicou que este informe será levado nos próximos días ante os membros do Consello de Administración de Tussa, que tamén serán informados dos resultados das enquisas de satisfacción que se viñeron realizando ao...

Leer más

ALCALDÍA

Reunión de Martiño Noriega co xerente do Centro Comercial As Cancelas, Javier Casado

01/02/2016

O alcalde recibiu este mediodía no Pazo de Raxoi o xerente do Centro Comercial As Cancelas. Foi unha primeira toma de contacto entre Martiño Noriega e Javier Casado, que accedeu ao cargo no pasado mes de outubro. Na reunión, Casado informou ao alcalde da boa marcha da gran superficie, que ten ocupado o 97% dos seus locais e que xera entre 1.700 e 2.000 empregos.

Leer más
Compartir: