SENSIBILIZACIÓN

Xornada de sensibilización sobre a esclerose múltiple na praza do Obradoiro

10/10/2014

A concelleira Marta González asistiu na praza do Obradoiro á presentación da xornada ]Experience cube, organizada pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) en colaboración con Novartis. Esta iniciativa pretende a sensibilización social sobre a esclerose múltiple, co obxectivo de mostrar a realidade da patoloxía, sentíndoa en primeira persoa.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello contratará tamén o mantemento e a reparación do pavimento no recinto extramuros do Casco Histórico

10/10/2014

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, abordou diversos asuntos en materia de obras e infraestruturas. Entre eles destaca o inicio do expediente para contratar o mantemento e a reparación do pavimento do recinto extramuros do Casco Histórico e a adxudicación das obras da rúa 25 de xullo. Tamén se aprobou o proxecto de peche perimetral da pista deportiva de Bando e a reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Convenio entre Concello e Xunta por 250.000 euros para proxectos de dinamización cultural

10/10/2014

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, deu conta a aprobación pola Xunta de Goberno dun convenio entre o Concello e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para proxectos de dinamización cultural. Este acordo, polo que o Departamento autonómico achega 250.000 euros, inscríbese na realización de proxectos de dinamización e intervención artística na cidade, ao longo deste ano 2014, no que se celebra o 800 aniversario da peregrinación de San Francisco de Asís...

Leer más

CULTURA

Presentación e estrea absoluta de Pablo Seoane Trem nas Xornadas de Música Contemporánea

10/10/2014

As Xornadas de Música Contemporánea ofrecen tres propostas moi interesantes para esta fin de semana. A música contemporánea, o jazz e a improvisación libre danse a man en estrea do novo proxecto do pianista ferrolán Pablo Seoane, que presenta o seu novo Pablo Seoane Trem e un programa de improvisación inspirado en Francisco de Asís, de cuxa peregrinación a Compostela se conmemora este ano o oitavo centenario. Será o domingo, ás 20:00 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Leer más

DÍA DA SAÚDE MENTAL

Celebración do Día Mundial da Saúde Mental

10/10/2014

A concelleira María Jesús Sáinz asistiu ao acto con motivo do Día Mundial da Saúde Mental organizado pola Asociación Fonte da Virxe, de familiares e amigos de enfermos mentais. Nesta edición, a conmemoración ten como lema "Abrindo mentes, pechando estigmas.

Leer más

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

O Concello iniciou xa o plan de mantemento ordinario dos centros educativos, ao que destina 400.000 euros

09/10/2014

A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, deu conta da posta en marcha hai tres semanas do plan de mantemento ordinario dos centros educativos do municipio, ao que o Concello destina un total de 400.000 euros para o que queda de exercicio 2014 e 2015. No marco deste programa, anunciou o próximo inicio da obra de reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Nova cita co programa "Imos ao baile"

09/10/2014

Este sábado 10 será o Centro Sociocultural de Santa Marta o que acolla unha nova sesión do programa Imos ao baile 2014, actividade para maiores promovida polos departamentos de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá.

Leer más

ALCALDÍA

Reyes Leis valora a posta en marcha do I Premio Emprende-Innova como canle de impulso para o emprendemento

09/10/2014

O Club Financeiro de Santiago (CFS) deu a coñecer o proxecto gañador do I Premio Emprende-Innova, organizado en colaboración coa Asociación de Xóvenes Empresarios da Coruña (AJE). O galardón foi para Twin Shoes Spain, un portal web especializado na busca de parella. A concelleira de Economía, Reyes Leis, presidiu o acto, celebrado na sede do Club no edificio Quercus.

Leer más

CONSORCIO

Os máis pequenos poderán construír os seus propios instrumentos musicais esta fin de semana no Museo das Peregrinacións

09/10/2014

O Consorcio de Santiago vai celebrar no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede praza das Praterías) un total de 36 obradoiros didácticos para nenos, todas as fins de semana dende outubro ata mediados do mes de decembro. Esta iniciativa diríxese a rapaces de entre 6 e 12 anos. Ten como obxectivo achegar a historia de Compostela aos máis pequenos, mediante experiencias lúdicas e enriquecedoras artelladas en torno a unha serie de propostas diferentes.

Leer más
Compartir: