CONSUMO
A OMIC realiza unha campaña informativa sobre a vivenda
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) pon en marcha unha campaña informativa dedicada á vivenda, abarcando o aluguer, a compra e as comunidades de propietarios. Farase a través da edición dunha guía das que se distribuirán 5.000 exemplares.
TURISMO
Máis dun millón de euros para o Plano de Competitividade Turística de Santiago de Compostela
A Xunta de Goberno local deu conta da sinatura dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago para o desenvolvemento do Plano de Competitividade Turística de Santiago de Compostela. . En concreto, para o período 2006-2007 establécese un investimento total de 1.100.000 euros, dos que 500.000 están asignados ao presente ano e 600.000 a 2007.
DEPORTES
Pista de xeo en Salgueiriños e xogos en Sar para o Nadal
Unha pista de xeo en Salgueiriños e unha nova edición de Nadalxogo no Multiusos de Sar serán a principal atracción para as datas do Nadal en Compostela.
NADAL
Compostela acende a súa iluminación de Nadal
O Nadal xa chegou a Compostela, cando menos en canto o seu alumeado, que xa está aceso dende o sábado 2 de decembro. O alcalde santiagués, Xosé A. Sánchez Bugallo encargouse de inaugurar este alumeado e de percorrer as rúas da cidade para ver o seu efecto.
HOMENAXE
Santiago honra ás dúas primeiras mulleres que accederon á súa universidade
A vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, estivo en Compostela para inaugurar oficialmente a Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega, que honra a memoria das súas dúas tías, as primeiras mulleres en acceder á Universidade de Santiago, alá por 1919. Foi na carreira de medicina, e malia todas as dificultades que atoparon, remataron con matrícula.
CONSORCIO
Novo programa para a rehabilitación dos elementos catalogados nos edificios e vivendas da Cidade Histórica
O Consorcio de Santiago lanza un novo programa de axudas para subvencionar a rehabilitación dos elementos especiais de madeira dos edificios e vivendas da Cidade Histórica. Estas axudas van dirixidas a aqueles inmobles incluídos no ámbito do Plan Especial de Protección, polo que posibilitan e garanten a conservación dos mesmos.
EDUCACIÓN
O Concello colabora co IES Rosalía de Castro na promoción do Bacharelato Internacional
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, vén de asinar un convenio de colaboración co presidente do IES Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda Soto, para apoiar o Bacharelato Internacional que está a promover o devandito instituto na cidade.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Unha nova guía para os emprendedores composteláns
O Concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, vén de presentar a "Guía do Emprendedor Compostelán". A guía configúrase como un instrumento imprescindible de cara a desenvolver un proxecto empresarial e materializalo nunha empresa. O seu obxectivo é dotar ao emprendedor local e aos empresarios do exterior que queiran asentarse en Compostela de toda a información e ferramentas necesarias para por en marcha e consolidar o seu negocio.
FACENDA
Os orzamentos municipais para 2007 ascenderán a 108 millóns de euros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou o acordo entre os dous grupos municipais de Goberno para os ornamentos de 2007, que ascenden a 108 millóns de euros, dos que 26,5 se destinarán a investimentos. Os orzamentos serán presentados en breve polo concelleiro de Facenda, Xaquín Fernández Leiceaga.
VIVENDA
Visto bo ao proxecto de expropiación do Sup-7 de Pontepedriña
O Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) ratificou o acordo ao que se chegou co 96% dos propietarios do solo do Sup-7 de Pontepedriña II. Deste xeito, o proxecto de expropiación poderá someter probablemente á aprobación da Xunta de Goberno Local do luns 11 de decembro. Deste xeito cumpriranse os prazos e as obras estarán en marcha no mes de marzo.