DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

María Pardo participa como ponente nunha conferencia sobre accesibilidade e turismo

03/04/2014

A concelleira da Área de Desenvolvemento Sostible, María Pardo, salientou o esforzo realizado desde o Concello por conseguir un turismo máis accesible e para todos. Como exemplo sinalou o ascensor do Mercado de Abastos, segundo edificio mais visitado da cidade, ou a rampla e o ascensor do Museo das Peregrinacións. A charla, organizada coa colaboración do Grupo de Cidades Patrimonio, celebrouse no Cersia.

Leer más

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

A zona de San Pedro estreará nova cara coa finalización das obras na rúa e a apertura ao casco vello do parque de Belvís

03/04/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira da Área de Desenvolvemento Urbanos Sostible, María Pardo, visitaron o barrio de San Pedro, onde se están a acometer importantes cambios para mellorar a zona. En breve, rematarán as obras de urbanización da rúa de San Pedro e para o verán comezarán os traballos de demolición da Casa da Xuventude, cumplindo así un acordo decidido por unanimidade do Pleno da Corporación.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A exposición do Ateneo visita o CSC das Fontiñas

02/04/2014

Trátase dunha selección de fotografías captadas nas rúas de Compostela entre o nacemento da moderna fotografia, a mediados do seculo XIX, e 1965. A mostra forma parte do proxecto Compostela Única no que participaron varias entidades, asociación e persoas moi diversas. O concelleiro Francisco Noya asistiu á presentación da exposición no CSC das Fontiñas.

Leer más

ÁREA DE DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

Iníciase o proceso para a adxudicación do servizo da cafetería do parque Eugenio Granell

02/04/2014

A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbanos Sostible, María Pardo, anunciou que a Xunta de Goberno dará este xoves o visto bo ao inicio da contratación do servizo de explotación da cafetería do Parque Eugenio Granell. Nun par de meses estará adxudicado e haberá un mes máis de prazo para que a concesionaria poida poñelo en funcionamento.

Leer más
Compartir: