ACCIÓN CULTURAL
Coloquio con Mireia Sentís na Zona "C"
Este xoves estará en Compostela a escritora e fotógrafa, e na actualidade directora da Biblioteca Afroamericana de Madrid, Mireia Sentís, para manter un coloquio baixo o título de "A salto de mata". Será a partir das 20:00 horas na Zona "C" e a entrada é de balde.
ALCALDÍA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Máis de 70 persoas participan na xornada sobre a relación entre Universidade e Empresa do proxecto Spin&Up
O Cersia acolleu unha xornada para presentar a importancia da transferencia de coñecemento entre Universidade e Empresa dentro do proxecto Spin&Up, que nace co obxectivo de estimular e favorecer a transferencia bidireccional entre a Empresa e Universidade de coñecementos e tecnoloxía no Espazo de Cooperación Galicia Norte de Portugal, mediante o encontro entre as necesidades do tecido produtivo e a oferta dos axentes xeradores de coñecemento deste territorio.
FACENDA
A liquidación do 2015 amosa o mellor estado financeiro do Concello do último sexenio
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou esta mañá o resultado da liquidación do exercicio orzamentario de 2015, que reflicte que o Concello cumpre con todos os indicadores económicos e parámetros legais que se avalían na liquidación.
CONSORCIO
Alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece mañá mércores un novo concerto no Paraninfo da USC
No marco do programa A Escola na Cidade, da Escola de Altos Estudos Musicais, mañá mércores, 8 de xuño, ás 20:30 horas, o alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro ofrecerá o seu último concerto de cámara desta temporada no Paraninfo da Universidade de Santiago, na Facultade de Xeografía e Historia. A entradas a esta actuación é gratuíta ata completar aforo.
PLENO
O Pleno aproba o convenio da intermodal
O Pleno da Corporación municipal deulle esta tarde luz verde ao convenio da estación intermodal entre o Concello, a Xunta, o Ministerio de Fomento e ADIF. Fíxoo cos votos a favor de Compostela Aberta, a abstención de BNG e PP, e os votos en contra do PSOE.
IGUALDADE
Presentado "Compostela, Territorio das Mulleres", un proxecto novidoso para facer de Santiago un concello referencia en igualdade
O Museo do Pobo Galego acolleu o acto de presentación de Compostela, Territorio das Mulleres. A través deste proxecto, impulsado pola Concellaría de Igualdade, búscase poñer en valor as iniciativas a prol da igualdade de xénero na cidade, así como implicar os axentes sociais e o sector económico co fin de crear un mapa de recursos, lugares e equipamentos que axuden a facer de Santiago de Compostela unha cidade igualitaria e amigable coas mulleres. Asistiron, ao acto, entre outros, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e...
ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
O alcalde reuniuse con Paula Villar, do Foro de Vida Independente de Galicia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse con Paula Villar, representante do Foro de Vida Independente de Galicia "VIGalicia" e da plataforma Queremos unha Compostela sen Barreiras. Na xuntanza tamén participou a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.
CONVIVENCIA
Uns 300 escolares de Primaria participarán este venres nunha xornada sobre seguridade viaria na praza do Obradoiro
Este venres, 10 de xuño, de 10:00 a 13:00 horas, celébrase o Día Mundial da Seguridade Viaria. Con tal motivo, o Concello organizou a Semana da Educación Viaria, un programa de actividades que se pechará precisamente este día cunha xornada sobre seguridade viaria na praza do Obradoiro. Haberá talleres, música, unha xincana e outras actividades durante unhas horas nas que un dos protagonistas será Moito Olliño, a mascota do Programa de Educación Viaria da Policía Local.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Goberno local presenta a ordenanza Compostela +, formada pola renda básica municipal e as prestacións de rescate social
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, deu conta esta mañá dos detalles da nova ordenanza Compostela +, aprobada o pasado venres en Xunta de Goberno e que será sometida á consideración do resto de grupos municipais no Pleno ordinario do mes de xuño. A proposta xa foi presentada á oposición e ás entidades sociais da cidade, que a enriqueceron aportando as súas achegas.
IGUALDADE
Nace "Compostela, Territorio das Mulleres", un proxecto novidoso para facer de Santiago un concello referencia en igualdade
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou o proxecto Compostela, Territorio das Mulleres, cuxos detalles se darán a coñecer máis polo miúdo na gala que terá lugar mañá martes, ás 19:00 horas, no Museo do Pobo Galego.