ALCALDÍA
O alcalde reúnese co presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a Juan Carlos Escotet, presidente de ABANCA, así como a Francisco Botas, CEO da entidade; e Juan Carlos Carneiro, director territorial.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
O departamento de Lingua Galega programa para agosto "Territorio Xogantín" e "Contos no parque", dúas actividades lúdicas dirixida ao público infantil
O concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, presentou hoxe dous programas que teñen como obxectivo a socialización en galego dos nenos e nenas, a través de distintas actividades lúdicas, todas elas de balde. Son "Territorio Xogantín", destinado a menores de entre 6 e 10 anos; e "Contos no parque", para a cativada de 3 a 6 anos.
ALCALDÍA
Recepción ao embaixador de Xapón
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi ao embaixador de Xapón en España, Hiramatsu Kenji.
FESTAS
O traxe galego, protagonista nas rúas de Compostela
Como cada ano, dende hai 42, as Festas do Apóstolo dedican un día a enxalzar o traxe galego. Hoxe, as rúas de Compostela engalanáronse coa vestimenta tradicional nas súas diferentes versións.
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello asina convenios de colaboración con catro entidades sociais por máis de 170.000 euros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, formalizou a sinatura dos convenios de colaboración coas entidades Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home (45.000 euros), Albergue Xoán XXIII (60.000 euros), Aspas (6.000 euros) e a Cociña Económica (60.000) por un total de 171.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba o expediente de clausura do vertedoiro de Aríns e o acondicionamento das novas oficinas da concellaría de Medio Rural, no recinto feiral de Amio
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o expediente denominado "Execución do proxecto de adecuación, selado e clausura do vertedoiro de Aríns", e a apertura do procedemento de adxudicación baixo a modalidade de aberto simplificado, establecéndose un tipo de licitación de 1.174.591,42 euros.
FESTAS
A música tradicional protagoniza o último día das Festas do Apóstolo da man do TradFest
O vindeiro sábado 31 xullo, dentro das Festas do Apóstolo, celebrarase un ano máis o TradFest Compostela, unha celebración da música popular actual con máis de 20 concertos, feira de artesanía, ruadas e actividades no parque e igrexa de San Domingos de Bonaval e en Belvís que completan os concertos na zona vella para pór o peche ás festas na cidade. Presentaron o evento en rolda de prensa o concelleiro Gonzalo Muiños; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; Víctor Belho, en representación das produtoras...
DEPORTES
Entrada libre para o V Memorial Antonio Bermúdez ata 1.000 persoas
A SD Compostela e o Club Deportivo Lugo disputarán este mércores 28 de xullo, ás 19.00 horas, o V Memorial Antonio Bermúdez no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. A quinta edición do trofeo que se realiza en memoria do gran xornalista santiagués, organizado dentro das Festas do Apóstolo, terá o acceso libre ata un máximo de 1.000 espectadores.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas en Madrid e Barcelona, vítimas da violencia machista.
ALCALDÍA
Recepción ao embaixador de Italia en España, Riccardo Guariglia
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe ao embaixador de Italia en España, Riccardo Guariglia, quen asinou no libro de Honra da Cidade.