ACCIDENTE FERROVIARIO

Compostela lembrou en silencio na praza do Obradoiro as vítimas do accidente ferroviario

26/07/2013

A praza do Obradoiro acolleu cinco sentidos minutos de silencio en homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario acontecido o pasado mércores. Cidadáns anónimos sumáronse a esta convocatoria, que se repetiu á mesma hora noutros concellos galegos. Outras institucións galegas e españolas tamén convocaron actos de lembranza ás vítimas durante esa xornada.

Leer más

ACCIDENTE FERROVIARIO

O alcalde agradece a "marea de xenerosidade e solidariedade" vivida na cidade

26/07/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, compareceu en rolda de prensa para ofrecer algúns datos do operativo de atención aos familiares das vítimas do accidente ferroviario e de xestión da traxedia. Aproveitou tamén para agradecer a "xenerosidade e solidariedade" da cidade e para anunciar que proporá que un parque de Fontiñas homenaxee ás vítimas e esta solidariedade.

Leer más

ACCIDENTE FERROVIARIO

Os Príncipes de Asturias visitaron os feridos e conversaron cos veciños de Angrois e cos participantes no operativo de emerxencia

26/07/2013

Os Principes de Asturias visitaron os feridos que permanecen no Hospital Clínico de Santiago. Alí foron recibidos polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a ministra de Fomento, Ana Pastor; o alcalde de Santiago, Ángel Currás; a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, e o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez.

Leer más

ACCIDENTE FERROVIARIO

Comunicado do Concello de Santiago

25/07/2013

O Concello de Santiago de Compostela pon a disposición das familias das vítimas os seguintes teléfonos: 981543060 / 981542493

Informamos que se habilitou o edificio CERSIA (rúa Raimundo López Pol-San Lázaro) para a atención aos familiares.

En canto á donación de sangue, necesítase sobre todo A negativo e 0 negativo con carné de doante.

Infórmase así mesmo que se cancelan os actos da Ofrenda ao Apóstolo, prevista para a mañá deste xoves.

Leer más
Compartir: