UMAD

Os maiores de Volta do Castro vivirán un Día da Paz a ritmo de rap

29/01/2008

O mércores 30 de xaneiro, ás 11.00 horas, e con motivo da conmemoración do Día da Paz, un grupo de alumnas e alumnos do IES Eduardo Pondal ofrecerán un recital de poemas, cantados a ritmo de rap, aos maiores da residencia de Volta do Castro. Este acto enmárcase dentro dun programa de convivencia posto en marcha pola UMAD que busca fomentar a convivencia entre xeracións.

Leer más

INTERVENCIÓN INTEGRAL

O Urbana Santiago Norte recibe o apoio dos diferentes axentes sociais

29/01/2008

Toda a documentación do proxecto Urbana Santiago Norte foi entregada polo Concello de Santiago á Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía e Facenda, á espera de ser un dos elexidos para contar cos fondos da iniciativa Urbana. O proxecto, que contempla unha intervención integral na zona norte de Compostela, conta co apoio de todos os axentes sociais da cidade.

Leer más

PROXECTO COMUNITARIO

Aprobada a iniciativa Urbana Santiago Norte

28/01/2008

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto Iniciativa Urbana Santiago Norte para o período 2007-2013, cun orzamento que ascende a 15.150.000 euros. Igualmente, acordouse solicitar á Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía e Facenda o financiamento do 70% do referido proxecto. O resto achegaríao o Concello.

Leer más
Compartir: