ECONOMÍA

Máis de cen empresas participan na 3ª Edición de Getting Contacts

30/05/2013

A concelleira de Economía, Reyes Leis, presidiu a apertura de Getting Contacts que se celebra en Santiago, organizado polo Concello e por AJE, coa colaboración de Área Central. Trátase da terceira edición que se celebra na cidade deste encontro empresarial, un evento de networking orixinal mediante unha axenda de contactos que se desenvolve baixo o paraugas de Santiago Investors Support, o programa municipal para o apoio aos emprendedores e empresarios da cidade.

Leer más

EDUCACIÓN

O Certame de Danza Intercentros chega ao Auditorio este domingo con 14 propostas escénicas na súa oitava edición

30/05/2013

A concelleira de Eduación, María Castelao, presentou xunto coas profesoras Eva Cancio e Beatriz Viñal o certame de danza intercentros, no que participan os alumnos e alumnas de educación infantil, primaria e secundaria inscritos nas actividades de danza extraescolares dos centros San Xosé de Cluny, Pío XII, López Ferreiro, IES Xelmírez I e Rosalía de Castro. O acto central terá lugar o domingo 2 de xuño no Auditorio de Galicia a partir das 19.00 horas.

Leer más

TURISMO

Vila de Cruces celebra o 9 de xuño a Festa do Galo de Curral

30/05/2013

O Hostal dos Reis Católicos acolleu a presentación da XX edición da Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces, á que asistiu a concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis. Vila de Cruces pertence ao novo Grupo Área Santiago, que une a 19 concellos próximos a Santiago para a súa promoción turística. Nesta ocasión estará adicada a Fito, fundador do Grupo A Roda, segundo dixo o alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero. A xornada incluirá unha concentración de coches antiguos, o XIX Festival de...

Leer más

DEPORTE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Chano Rodríguez Veloso compartiu cos mozos composteláns a súa historia de superación

29/05/2013

O Centro Sociocultural do Ensanche acolleu un encontro co laureado nadador paraolímpico Chano Veloso. Este encontro enmárcase dentro do programa "Espello deportivo" no que colaboran a Concellería de Normalización Lingüística e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. No acto estivo presenta a concelleira Rebeca Domínguez.

Leer más
Compartir: