PARQUES E XARDÍNS

Entregados os premios aos mellores balcóns

27/07/2012

A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, entregou os premios aos gañadores do IV Concurso de Balcóns, convocado polas concellarías de Medio Ambiente e de Urbanismo e que, neste edición, abríase por primeira vez a todo o termo municipal. O xurado e o público elixiron os mellores balcóns do Casco Histórico, do resto do municipio e tamén dos establecementos hostaleiros.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde subscribe accións do Obradoiro

26/07/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, mantiveron unha reunión co presidente do Obradoiro, Raúl López, e co director xeral do club, José Luis Mateo. No encontro formalizouse a subscrición de accións a título particular por parte do propio alcalde, nun acto simbólico que quería referendar o compromiso do Concello co club.

Leer más
Compartir: