TURISMO
‘Toleamos por (é)Tapas’, lema do XIV Santiago(é)tapas
O concurso de tapas celebrarase do 27 de outubro ao 13 de novembro, e aqueles locais de hostalaría que queiran participar poderán inscribirse a partir do próximo 2 de setembro a través da páxina web santiagoetapas.gal.
EMPREGO
Entrega de diplomas ao alumnado do Obradoiro de Emprego Creas IV polo traballo realizado no Xiro dos Montes
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor; e Judit Fontenla, xefa territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade; asistiron esta mañá no Centro Sociocultural de Grixoa ao acto de clausura e entrega de diplomas do "Obradoiro de Emprego Creas IV", cuxo alumnado desenvolveu durante este ano os labores de acondicionamento do treito do Gatofero, dentro do proxecto "Xiro dos Montes de Compostela".
SEGURIDADE CIDADÁ E IGUALDADE
O Concello condena e rexeita o acto vandálico contra o sinal de entrada a Santiago
O Concello de Santiago de Compostela condena e rexeita a pintada realizada no sinal indicador de poboación situado na entrada de San Lázaro, acontecida na madrugada do pasado luns. Rapidamente a empresa de mantemento da sinalización procedeu a pasada noite a súa limpeza e por fortuna, xa se volven apreciar as cores orixinais, coa bandeira LGTBI.