EDUCACIÓN
Arranca o curso con normalidade para o alumnado dos colexios de educación infantil e primaria do concello
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Educación, Rubén Prol, visitou esta mañá o CEIP Apóstolo Santiago, o máis antigo da cidade con 105 anos de vida, con motivo do inicio do curso escolar, que arrancou hoxe con normalidade, tanto o servizo lectivo como o de comedores e madugadores.
ACCIÓN CULTURAL
O festival WOS SON Estrella Galicia traerá de novo a vangarda musical a Santiago de Compostela esta fin de semana
A VII edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia. no que colabora o concello de Santiago, ultima preparativos para volver cunha proposta adaptada aos novos tempos. Desde o venres 10 ata o domingo 12 de setembro, cinco localizacións diferentes da cidade de Santiago de Compostela acollerán esta Lite Edition do consolidado festival que, desta vez, volve en formato reducido mais sen perder a súa esencia e ánimo de ofrecer reveladoras e renovadoras propostas ao seu público cun programa conformado por artistas internacionais de vangarda.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago asesorou aos propietarios dun cento de inmobles na execución da acometida para a instalación de fibra óptica no ámbito do Plan Especial do Casco Histórico
O organismo interadministrativo vén colaborando cos veciños nesta primeira fase de despregamento da infraestructura básica de forma excepcional.