EDUCACIÓN
Asinado o convenio co IES Rosalía de Castro para contribuir ao financiamento do Bacharelato Internacional
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado do concelleiro de Educación, Rubén Prol, asinou o convenio de colaboración correspondente a 2021 co director do IES Rosalía de Castro, Xavier Mouriño, para o contribuir ao financiamento do Bacharelato Internacional, cunha subvención de 6.208 euros.
POLÍTICAS SOCIAIS E SAÚDE
Asinado coa USC o convenio para o desenvolvemento do "Programa de atención bucodental a persoas en risco de exclusión social"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, asinou co reitor da USC, Antonio López, o convenio de colaboración para o desenvolvemento do "Programa de atención bucodental a persoas en risco de exclusión social" correspondente a 2021, por un importe de 10.000 euros.
ALCALDÍA
O alcalde anima á cidadanía a seguir votando polo carballo de Conxo como "Árbore Europea do Ano", para asegurar a primeira posición
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo fixo un chamamento á cidadanía para que apoie ao "Carballo do bosque do Banquete de Conxo" como Árbore Europea do Ano. O carballo, presentado polo concello de Santiago, lidera a votación case desde o inicio da mesma, con máis de 13.000 apoios, pero nos últimos días estase estreitando a diferenza coa segunda clasificada, a "Sabina de Brancas" da comarca do Jiloca, en Teruel.