LINGUA
Aberta a solicitude dos obradoiros de improvisación oral "Enreguéifate"
Os obradoiros Enreguéifate enmárcanse dentro do proxecto homónimo organizado nesta edición polo Concello de Santiago e os de Ames, Pontevedra, Rianxo e Teo, co que se procura impulsar a improvisación oral en verso e contribuír a través dela á promoción do uso da lingua galega. Estas sesións están dirixidas inicialmente a alumnos e alumnas de 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º da ESO. O prazo de solicitude remata o 17 de marzo.
XUNTA DE GOBERNO
Iníciase o procedemento de adxudicación da obra da rúa dos Concheiros
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou o gasto e a apertura do procedemento de adxudicación de remodelación da rúa dos Concheiros, unha operación incluída na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado- EDUSI. A obra ten un tipo de licitación de 2.651.608,87 euros (IVE incluído).
IGUALDADE
Santiago Teijelo gaña o Premio Xohana Torres en creación audiovisual por "Filucha de Taramancos"
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu este luns o acto de entrega do Premio Xohana Torres, que na súa modalidade de creación audiovisual recaeu en Santiago Teijelo Vázquez, polo seu traballo Filucha de Taramancos.
ACCIÓN CULTURAL
Os contos do Festival Atlántica visitan a Aula de Pediatría do CHUS
A poucos días para a inauguración oficial do Festival Atlántica, chega unha das citas tradicionais deste encontro de narración oral: a función na Aula de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Este ano visitarán o centro hospitalario os brasileiros Aline Cântia e Chicó do Céu e levarán ata aló o seu espectáculo Contos de lá nos cantos de cá (17:30, Aula de Pediatría, en portugués).