DEPORTE
Máis de 200 deportistas participarán este sábado nos 20º Xogos Autonómicos de Atletismo Special Olympics
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá unha nova edición dos Xogos Autonómicos de Atletismo Special Olympics que volven celebrarse en Santiago. Na rolda estivo acompañada por Eladio Fernández, presidente da entidade; Javier García, o seu secretario; e Jesús Cabo, un dos atletas que participará nas probas.
MEDIO AMBIENTE
O Concello e Compostela Inserta poñen en marcha unha campaña de sensibilización sobre a reciclaxe do aceite usado
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia e Compostela Inserta poñen en marcha unha nova campaña educativa sobre a reciclaxe dos aceites vexetais usados, que chegará á práctica totalidade dos centros de ensino de Santiago. Ao tempo, o proxecto pretende dar a coñecer a figura das empresas de inserción e sensibilizar á poboación sobre as persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social.
ACCIÓN CULTURAL
"De lugares e órganos" ofrece un ano máis a oportunidade de descubrir o patrimonio instrumental de Compostela
Do 11 ao 20 de abril celébrase a cuarta edición do ciclo De lugares e órganos, organizado pola Concellaría de Acción Cultural coincidindo coas datas de Semana Santa. A concelleira Branca Novoneyra e a directora artística do programa, Belén Bermejo, presentaron hoxe o ciclo, que "nace coa vocación de afondar no imaxinario sonoro de Compostela, de coñecer a riqueza instrumental da nosa cidade e, ao tempo, de descubrir outras culturas".
ALCALDÍA
A Festa do Banquete celebrará a súa II edición os vindeiros 3, 4 e 5 de maio
A carballeira de Conxo acollerá, por segundo ano, a Festa do Banquete cunha chea de actividades que se celebrarán os días 3, 4 e 5 de maio. A encargada de dar conta das mesmas foi a concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo, Marta Lois.
COMERCIO
Aberta a exposición "Comercios emblemáticos, de onte, de hoxe, de sempre"
A mostra fotográfica "Comercios emblemáticos, de onte, de hoxe, de sempre" xa pode visitarse na rúa da Carreira do Conde ata o vindeiro 5 de maio. Alí poderanse ver instantáneas dos oito emblemáticos 2018 elixidos pola Mesa Local de Comercio.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Seguen as actividades no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes
Este xoves continúan as actividades do Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes. Durante os meses de abril e maio, este día da semana é o escollido para o Círculo Literario con Suso de Toro, dirixido a alumnado dos institutos de Compostela, e para Shourruscado, actividade para nenos e nenas a partir de 10 anos que se celebra de 16:30 a 20:30 horas, con inscrición na dirección de correo shourruscado@gmail.com.