DEPORTE
Aberta ata o 2 de maio a inscrición para a XV Andaina dos 50 km
O Club Deportivo Fontiñas organiza unha nova edición da Andaina dos 50 km de Santiago, incluída na Copa de Andainas da Federación Galega de Montañismo. A proba foi presentada esta mañá pola concelleira de Deporte, Noa Morales, e polo responsable da sección de Montañismo do Club, Iñaki Bilbao.
MOCIDADE
O 2 de maio bota a andar a segunda edición de "Hortalíza-TE", que formará a mocidade no coidado de hortas urbanas
Xa está todo listo para a segunda edición da actividade Hortalíza-TE, unha das máis votadas nos últimos dous procesos de orzamentos participativos de Mocidade. Da acción, que botará a andar o vindeiro 2 de maio, deron conta hoxe a concelleira de Mocidade, Noa Morales, e a coordinadora da actividade, María Luz Eyo.
CONSORCIO
O recoñecido oboísta alemán Stefan Schilli formará a músicos/as galegos/as
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos/as. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do aclamado oboísta alemán Stefan Schilli. Xunto aos alumnos e alumnas da Escola, tamén poden asistir músicos/as externo/as ao centro.