MEDIO AMBIENTE
"Bravas fronte ao cambio climático", evento nesta edición do "Descarboniza! Que non é pouco..."
As Fillas Bravas, personaxes creados pola compañía Chévere, serán as protagonistas do evento climático organizado este ano no marco do proxecto Descarboniza! Que non é pouco.... O espectáculo Bravas fronte ao cambio climático, que contará tamén coa participación do contacontos Celso F. Sanmartín, celebrarase no Teatro Principal o próximo 10 de abril. Os convites para asistir poderanse retirar a partir do día 2.
ACCIÓN CULTURAL
O Concello e a Asociación Cultural O Galo reivindican a escultura de Francisco Asorey nun roteiro guiado por Compostela
O Concello de Santiago e a Asociación Cultural O Galo queren dar a coñecer e poñer en valor a pegada que o escultor Francisco Asorey deixou en Compostela. É por iso que ambas institucións colaboran no roteiro guiado que se vai desenvolver o próximo 5 de abril. A iniciativa foi presentada hoxe pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; a secretaria da Asociación O Galo, Mercedes Espiño, e a tesoureira, Esperanza Delgado.
POLÍTICAS SOCIAIS
Seis entidades do barrio de Conxo traballan nun proxecto de radio comunitaria
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, deu conta hoxe dunha nova edición do proxecto de radio comunitaria que se vai desenvolver no barrio de Conxo. Na rolda estivo acompañada de Ramón Molina, educador social e promotor da acción.
ACCIÓN CULTURAL E IGUALDADE
Aberta a caixa de Pandora das violencias machistas
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participou na acción organizada polo colectivo Caixa de Pandora no triángulo instalado na praza Roxa con motivo do 8 de marzo. Abriuse así un período de oito horas (de 12:00 a 20:00 h) no que mulleres da cultura lerán as mensaxes que o público deixou escritas na instalación aberta o 1 de marzo, converténdose así en altofalantes das experiencias e denuncias da xente.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Marta Lois participa en Barcelona no encontro REDEL
A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, participa en Barcelona no encontro da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, REDEL, que se celebra hoxe venres e mañá sábado, coa participación de preto de 50 profesionais e responsables políticos do desenvolvemento local de máis de 20 cidades e rexións de España.
CONSORCIO
Alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece un concerto este sábado no Auditorio do centro
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, ofrece este sábado, 30 de marzo, un concerto do seu alumnado do Curso de Especialización Instrumental que toca o violín, a viola, o violoncello, o contrabaixo, a frauta, o óboe, o clarinete, o fagot, a trompa, a trompeta, o trombón e a percusión. A cita será no auditorio do propio centro, ás 21:00 horas, e as entradas serán gratuítas ata completar o aforo.
CONSORCIO
O Consorcio recibe 65 solicitudes no marco dos programas de axudas para a rehabilitación dos inmobles da cidade histórica
Este pasado luns, 25 de marzo, remataba o prazo para presentarse a dúas convocatorias de axudas que ten en marcha o Consorcio de Santiago co fin de mellorar os edificios da cidade histórica compostelá. Trátase, por un lado, do programa Ter é manter, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios. E, por outro lado, o programa destinado de maneira específica á rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas de cara a optimizar a eficiencia enerxética das...
ALCALDÍA
A Casa Real confirma que o Real Padroado convocará unha reunión este ano
A Casa Real vén de confirmar que o Real Padroado celebrará unha xuntanza en 2019. Foi nunha carta dirixida ao alcalde, Martiño Noriega, na que se sinala que a data da reunión será fixada despois das eleccións municipais de maio.
MOBILIDADE
O número de usuarios/as do transporte urbano medrou un 6% en 2018
Case sete millóns e medio de persoas utilizaron o transporte urbano de Santiago en 2018, 420.000 máis que un ano antes. A liña 6 (San Marcos-Os Tilos), a C11 (Circular de Fontiñas), e a liña 1 (Cemiterio de Boisaca-Hospital Clínico), consolídanse como as máis utilizadas pola cidadanía, superando amplamente o millón de viaxeiros e viaxeiras.