EMPREGO E MEDIO RURAL
O obradoiro CREAS remata a plantación de máis de 4.000 árbores autóctonas en Fecha e Monte Viso
O obradoiro de emprego dual CREAS, promovido polo Concello de Santiago en colaboración co de Ames, concluíu a plantación de 4.200 árbores de especies autóctonas na finca de Pedra Castro, na parroquia de Santa Cristina de Fecha. Tamén se comezou a reforestación nunha parcela municipal no Monte Viso. Repoboouse con 700 pés de bidueiro (Bétula celtibérica), 2.100 de carballo (Quercus robur) e 1.400 de corticeira (Quercus suber). A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois,.../em>/em>
PLENO
O Pleno da Corporación mostra o seu apoio á veciñanza da Grixoa ante a problemática da canteira de Miramontes
O Pleno da Corporación aprobou hoxe, na sesión ordinaria de marzo, unha declaración institucional de apoio á veciñanza da parroquia da Grixoa, ante a problemática xerada na canteira de Miramontes. O acordo responde a unha petición formulada pola Plataforma de Afectados polo Vertedoiro e pola Federación de Asociacións do Rural de Santiago, FERUSA.
IGUALDADE E MEDIO RURAL
O Centro Cívico de Busto acolle o vindeiro 29 de marzo o segundo Encontro de Mulleres do Rural
O vindeiro venres 29 de marzo terá lugar no Centro Cívico de Busto o II Encontro de Mulleres do Rural, enmarcado dentro das accións que organiza o Concello polo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. O encontro foi presentado pola concelleira de Igualdade, Marta Lois, a encargada de desenvolver as actividades, Cruz Dafonte, e dúas das mulleres participantes.
ESPAZOS CIDADÁNS
O Goberno local aproba a adaptación do proxecto de rehabilitación do palacete da Finca do Espiño
O Goberno vén de aprobar a adaptación do proxecto de rehabilitación do palacete da Finca do Espiño, que se converterá na nova sede do Centro de Interpretación Ambiental de Compostela. A actuación está orzada en 1,2 millóns de euros e estímase que as obras terán un prazo de execución de 12 meses.
ACCIÓN CULTURAL
O Teatro Principal volve ser un dos escenarios da Mostra Internacional do Cinema Etnográfico (MICE)
A Mostra Internacional do Cinema Etnográfico, MICE, celebrara a súa 14ª edición do 25 ao 31 de marzo. O Concello de Santiago colabora un ano máis no programa, que organiza o Museo do Pobo Galego e que conta tamén co apoio da Deputación da Coruña e de AGADIC.