CONVIVENCIA
A Policía Local realiza unha campaña de control do uso do cinto e dos sistemas de retención infantil
Durante toda esta semana, a Policía Local realizará controis do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil, no marco dunha nova campaña de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico.
MEDIO RURAL
O Concello destina 630.000 euros á mellora de equipamentos deportivos e de ocio no rural
Nas próximas semanas comezarán as obras que se van executar en diferentes parroquias do rural para mellorar os seus equipamentos deportivos e de ocio. Trátase de actuacións en Figueiras, Verdía e Lavacolla, nas que se van investir 630.000 euros.
CONSORCIO
O Consorcio celebrou unha nova Comisión Executiva
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Recepción ao alumnado do Iacobus 2019 da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, acompañado doutros integrantes da Corporación, recibiu no salón nobre de Raxoi, ao alumnado Erasmus Iacobus 2019 da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC).
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Este venres ábrese o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa
O venres 15 de marzo ábrese o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa 2019, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía. Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa de conciliación para as familias no tempo de vacacións de Semana Santa.
ALCALDÍA
O alcalde condena as pintadas aparecidas no contorno da Catedral "porque nada xustifica a agresión ao patrimonio de todas e todos"
O alcalde expresou "a máis firme condena" ante as pintadas aparecidas esta mañá no contorno da Catedral de Santiago. Martiño Noriega lembrou que "nunha cidade que é Patrimonio Mundial da Humanidade, calquera reivindicación ten que respectar o patrimonio de todas e todos".