TURISMO E MERCADOS
Compostela acolle a quinta edición do salón de vehículos de ocasión
Do 25 ao 27 de outubro celebrarase no Recinto Feiral este evento, que chega á súa quinta edición e que congrega á meirande parte dos concesionarios e oficiais e as compravendas máis relevantes de Santiago e comarca. Presentouno en rolda de prensa o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, xunto co organizador, Fabián Saavedra, e Mónica Cañoto, en representación do Recinto feiral.
COMERCIO
Aberto ata o 4 de novembro o prazo de solicitude de participación nos postos de venda do Mercado de Nadal
O Departamento de Comercio abre o prazo para solicitar a participación no Mercado de Nadal, que se celebrará do 5 de decembro ata o 5 de xaneiro na rúa da Carreira do Conde. A inscrición estará aberta ata as 23.30 horas do día 4 de novembro.
Como novidade, nesta edición a oferta de decoración de Nadal e gastronomía concentrarase en tres quendas entre os días 5 e 23 de decembro; e a de artesanía e regalo, en dúas entre o 26 de decembro e o 5 de xaneiro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Arranca este domingo 27 o programa 12 doces de outono
A Rede de Centros Socioculturais pon en marcha unha nova edición do programa 12 doces do outono, unha aposta pola programación familiar, que xunta as artes escénicas coa gastronomía propia da estación. As 12 actividades desenvolveranse en 12 centros socioculturais os domingos 27 de outubro e 3, 10 e 17 de novembro.
ALCALDÍA
Xunta e Concello de Santiago reforzarán o servizo de Protección Civil de cara ao Ano Santo 2021
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, mantiveron hoxe un encontro no que un dos principais asuntos abordados foi a celebración do Ano Santo 2021, de cara ao cal se comprometeron a reforzar o servizo de Protección Civil e Emerxencias. Así mesmo, renovaron o seu compromiso coa comarcalización do parque de bombeiros.
TURISMO
Turismo de Santiago reúnese coas axencias de viaxes e turoperadores máis importantes de Xapón
Turismo de Santiago participa na Tourism Expo Japan 2019, a mostra de turismo máis importante de Xapón, que se celebra en Osaka do 24 ao 27 de setembro. O obxectivo de Turismo de Santiago é reforzar o posicionamento da cidade no mercado xaponés e captar a un turismo de calidade de alto nivel adquisitivo e elevado gasto medio por persoa.
PLENO
O Pleno do Concello acorda unha declaración institucional reclamando para Santiago un xulgado específico sobre violencia de xénero
O Pleno, na súa sesión ordinaria de outubro, aprobou unha declaración institucional na que os grupos municipais de PSdeG-PSOE, PP, Compostela Aberta e BNG solicitan a creación dun xulgado específico sobre violencia de xénero en Santiago. No primeiro semestre de 2019 rexistráronse en Galicia 1.763 denuncias por violencia machista, un 38,44 por cento máis que no mesmo período do ano pasado.