CONVIVENCIA
Últimos días para o pagamento da taxa anual das tarxetas de residente por razón de municipio
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia lembra que o vindeiro xoves, 15 de febreiro, remata o prazo para abonar a taxa anual correspondente ao ano 2018 das tarxetas de estacionamento de residente por razón de municipio. A taxa é de 50 €.
TURISMO
O Plan Estratéxico contempla máis de 60 accións para desenvolver un modelo turístico sostible
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron no Pazo de Raxoi as principais liñas de actuación do novo Plan Estratéxico do Turismo, que define os grandes obxectivos, retos e propostas de actuacións a impulsar nos vindeiros anos para transformar o actual modelo turístico da cidade.
ACCIÓN CULTURAL
Talía Teatro celebra o seu 30 aniversario coa estrea de "O servidor de dous amos" este mércores no Teatro Principal
O Teatro Principal acolle esta semana a estrea do último espectáculo de Talía Teatro. A compañía compostelá celebra 30 anos de historia e faino con O servidor de dous amos, unha volta ao texto clásico do teatro italiano que dirixe e adapta Diego Rey. A obra terá catro funcións en Santiago de Compostela, do mércores 14 ao sábado 17 de febreiro, sempre ás 20:30 horas.
EMPREGO
Asinado o convenio para a acreditación da formación do programa municipal "Mocidade con Emprego"
O Concello de Santiago e a Consellería de Economía, Emprego e Industria asinaron hoxe un convenio para a acreditación da formación impartida no marco do programa municipal Mocidade con Emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e a Garantía Xuvenil. O acordo recolle as características que deben ter os itinerarios formativos para que o seu alumnado reciba da Xunta os certificados de profesionalidade.
CONSORCIO
O Consorcio restaurará o cortaventos da entrada da capela de San Roque, procedente da Catedral
O Consorcio de Santiago acaba de licitar o servizo de conservación e restauración do cortaventos da porta principal da capela de San Roque, situada na rúa Santa Clara, por un importe de 22.000 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o 19 de febreiro para presentar as súas propostas. Prevese un período de execución de seis meses.
FESTAS
Oito carrozas, catorce comparsas e cinco grupos participarán no desfile do martes de Entroido
O punto álxido do Entroido 2018 chega esta martes co desfile-concurso de carrozas, comparsas e grupos. Por mor das obras que se están a executar na estación do ferrocarril, a avenida de Ferrol servirá este ano de punto de encontro para a ruada do martes de Entroido. Oito carrozas, catorce comparsas e cinco grupos intervirán nesta festa para a que tamén se inscribiron once parellas e oito persoas candidatas ao mellor disfrace individual.