SERVIZOS SOCIAIS
Tres novos convenios de colaboración con Down Compostela, ACEM e Red Madre
A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asinou esta mañá tres novos convenios con entidades sociais: Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM), Asociación Red Madre Coruña e Fundación Down Compostela. Os tres acordos suman unha achega municipal de 12.300 euros. Estes convenios súmanse a aqueles que vén asinando o Concello con diversas entidades sociais nos últimos meses. Ao remate do exercicio teranse subscrito 29 convenios, por un importe conxunto de 386.877 euros.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúa aberta a inscrición nos obradoiros programados no Compostela Cine Classics
O programa sociocultural Compostela Cine Classiscs 2014 mantén aberto o prazo para participar nos Classicobradoiros, actividades formativas dirixidas a públicos diversos (infantil e adultos. Estes talleres requiren inscrición previa e teñen prazas limitadas, 20 por obradoiro. Os interesados poden dirixirse para anotarse aos centros socioculturais, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
ALCALDÍA
A Escola Municipal de Música inicia o curso con máis de 400 alumnos
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, acompañado da concelleira de Educación, María Corral, visitou a Escola Municipal de Música con motivo do inicio do curso escolar 2014-2015. A Escola comeza o novo ano académico con máis de 400 alumnos e alumnas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Comeza a pasar polos centros socioculturais a exposición "As fotos máis antigas de Galicia"
A partir deste martes 7 e ata o dia 21 de outubro, o Centro Sociocultural das Fontiñas acolle a exposición fotográfica As fotos máis antigas de Galicia, producida pola editorial Alvarellos.